Saio facer compras para o Nadal... os regalos e iso
de paso merco unha fita verde na mercería
e un parche de Hello Kitty para un buratiño do pantalón
da pequena
que xa non o é tanto e de volta dime que lle ven moi infantil
carallo, como pasan os anos, ao mellor prefería una caveira
ou unha bandeira de Xamaica.
Mi madrinha, tamén pasan os anos para min!
Merco libros, como sempre collo o que a min me gusta
asegurándome un éxito dubidoso...
de volta paro na cafetería das galerías
racho co menú habitual e pido unha copiña
para acompañar o caféconleite
que me axuda a falar un chisco coa camareira
quen por fin descobre que non ando ao mar
o certo é que o café agarrótame a língua
mentres que o Ponche Cuesta inclina varios graos
cara abaixo o plano da miña vida. Sen abusar, ben seguro
“non, traballo no findeano, no nadal non”
mágoa non seren mais que formalidades de taberneira
mentres lle dou un repaso rápido a El País.
Volto a casa cun par de bolsas na man
e unha absolución para a rapaza do terceiro
que pintou esta findesemana
un corazón no ascensor
6 comentários:
Por deus, pero qué vulgaridade! ;D
Feliz Navidad, Galego!
Beijinho grande
Anabela
Querias que os anos não passassem por ti? Quem não queria!
.
E enquanto pintarem apenas corações!!!!
.
De mansinho deixar um abraço e desejar um Feliz Natal e um 2010 cheio de coisas boas.
.
Carpe diem!
Abraços, beijinhos e feliz Natal a todos!
Bo Nadal
Muito Ponche Cuesta bebín !.
Ben cho creo! Case xa non queda nada nos bares... Repetín a experiencia da copa de Ponche Cuesta duas veces máis esta semana, e nun sitio só tiñan para media copa, e no seguinte tomei unha enteira pero xa non había máis para unha segunda.
Acabaches con todo!
Saudos e bonadal, Paideleo!
Enviar um comentário