sexta-feira, 8 de outubro de 2010

07/10/10

Ao sair pola porta do edificio vexo que o ceo segue gris, poalla ou vai poallar moi pronto, collo o camiño cara ao centro polo casco vello, paso pola gavia aberta do gas, unha rata corre a esconderse no seu tobo, tuberías de auga, tuberías de gas e o tobo da rata. Párome un minuto a observar, saca a cabeciña, mirámonos, ten os ollos negros, eu marróns, ten medo, non se arrisca a sair de novo. Baixo pisando o empedrado húmido, os tenis xa meten auga, riscos de andar na leña cos tenis novos. Paso pola tenda de informática por enésima vez, xa hai dous meses que agardo a reparación do cargador, mazzel, entre estoupar e ser amable sempre escollo a calma. Levo o pantalón da capoeira á costureira, subir os baixos (é o malo que ten ser pequeno), coser a bandeira brasileira sobre a espanhola (é o malo que ten ser galego). A muller dáme unha semana de prazo e sei que cumprirá, el-hamdulillah!. No mesmo barrio está a cafetería brasileira, decoración verde e branca, ambiente calido, café só e lectura da prensa española, cal senón. Seguinte escala no peluqueiro, corto e gomina, comme d'habitude. Iogures, queixo e actimeles no supermercado, volto ao edificio, os pes húmidos, segue o ceo gris. Mentres boto un pitillo no balcón cunha taza de café frouxo continúo lendo a JE o americano. Estilo telegráfico que me contamina o percorrido matinal logo de colárseme nos soños. É bo o tío. O Império nunca será dos poetas.

7 comentários:

Anabela Magalhães disse...

E desencalhaste esta coisa... kakakakaka... fico contente!
Bjs

rui disse...

A ver se desencalho o blogue de uma vez por todas! Beijinhos e obrigado por voltares

Anónimo disse...

rapacinho pareceme que algunhas verbas son inventadas ou dun galego oscuro , que pasou polo pais de handulila e seguiu polo de Breogan en plana loita cos romanos que ostia e iso de poalla , sempreunha man no boli e outra no nariz . por certo compra outro cargador que te vai costar o memo
Ay meu Deus

rui disse...

Vale que non entendas Mazzel, (pas encore, aínda non) pero o de poalla non é nada que aprendera nun dicionario, é unha palabra corrente na Estrada (vén de pó ... e alla) os sinónimos son:

chuvisca/babuña/babuxa/barruzo/breca/chuviñada/chuviscada/froallo/lapiñeira/orballo/patiñeira/poalleira/zarzallo

É unha chuviña fina coma o pó

Seguro que tería acabado antes de comprar o cargador novo, só que non o encontrei.

(nota: os sinónimos si que os saquei dun dicionario e algúns si que non os coñecía)

Anónimo disse...

ven defendido o forte , non hai indio que te meta man carallo

Anónimo disse...

para ser poeta non se te da mal o marketing proba a facer unha operacion con derivados e apalancate o 90% a ver que sae , a nova PESCANOVA futuro tiburon

rui disse...

A próxima operación que teño prevista é unha OPA hostil ao teu fígado, polo menos ata as seis da mañá. Serán todos derivados do rón.

Un biquiño e boa semana