sexta-feira, 17 de dezembro de 2010

Amizade - Amitié

Non, non chegamos a ser embarcacións á deriva, todo o más follas secas aboiando na corrente dun regato, ti e máis eu, como a noite e o día, ou viceversa, que a noite ten tamén os seus praceres e o día as suas angurias. Xuntámonos, de tarde en tarde co fin primeiro de transvasar líquidos, unha excusa boa como calquera outra para analisar os restos do furacán mediático unha vez a tempête épuisée, e os movementos sísmicos que nos constrúen montañas afiadas que escalar e depresións fondas das que escapar (sempre). Un desafogo, para min, un xeito de permitir que alguén me poña o seus óculos, para ver o mundo con outras dioptrías, facerse violencia, il le faut! aínda que só sexa un chisquiño, aceitar algo do teu punto de vista, cheo de datos, cheo de lóxica e razón, contra a miña visión tan pouco pragmática, tan poderosa que é quen de torcer a traxectoria da luz co único peso dos sentimentos. E hai que modificar as conexións neuronais, dino os científicos, se queremos seguir vivos, e impedir a toda costa que os camiños se endurezan e logo non saibamos sair deses catro movementos, rixidez próxima da cadavérica, anticipando acontecementos.

Tamén falamos de sexo, vagamente, iso que nunca falte, e miramos o que podemos dos volumes escotados e dos pantalóns de algodón e promesas, aínda que estas sexan, xa o sabemos, máis falsas que as de un político en campaña. Que mais ten, aí estamos ti e máis eu, con esperanza. Eu marcho cun libro de Dostoievski, ti cun do Laarson.

Ata a próxima, están os bares esperándonos, meu amigo.

4 comentários:

Anónimo disse...

rapacinho hai moita poesia nas tuas verbas sempre gostosas de leer
pero tamen hai moito carinho que e cousa de agradecer . Quedome eu tamen con moito teu, unha boa conversa non e cousa menor, cando tanto te interesa o que dis como o que escoitas ( as veces tamen os ollos han de darnos un break , a porcion de sexo diario recomendado pola axencia internacional do "tema") e afasto un pouco de min esa modestia que te desmerece ! ti vales moito rapaz !
ata mais ver

rui disse...

Saúdos, rapaz, non me deas tanta coba que me vou subir á parra!

Vou estar uns diíñas en Ferrol, alí a fozar na vía estreita, pero volto para comer o turrón na casa.

Cando remate o de Nabokov comezarei o teu regalo. Espero que che guste o que che levei, se te engancha vas acabalo pronto.

Biquiños

Anabela Magalhães disse...

Gostei das tuas palavras, Galego, e é certo que o anónimo tem razão -há muita poesia nelas.
Votos de um excelente ano de 2011.
Por cá vai ser um ano desgraçado...
beijinhos

rui disse...

O melhor para ti neste novo ano
O melhor para Portugal

Beijinhos, Anabela