segunda-feira, 21 de fevereiro de 2011

adolescência, go home!



o amor só vive nos conxeladores
a partir do preciso intre no que
cunha alegría gilipollas
abres a porta e o sacas á luz
comeza a se che derreter entre
os dedos paralizados
pronto só terás as mans frías
e húmidas
antes do que pensas xa estarán secas
e voltarás a envexar
as parellas que tan inconscientemente
cren na eternidade dos pólos
como unha relixión sen data de caducidade
logo virán os silencios molestos
as costas viradas
que pronto se tornarán costume
xa sen dor, o nariz afaise a todo
o cheiro do podre xa nin se sinte
e segues pola inclinación da vida
cara adiante
sen voltar a meditar sobre a efímera
vida do xeo
fóra do conxelador

2 comentários:

Anónimo disse...

A percepcion do tempo e unha das cousas mais subxetivas
que un se pode atopar; aparte diso que me dis do intenso sabor do polo de limon ,da sua frescura sen aditivos , sen grasas trans nen hidroxenado parcial, nin total. Un sabor superlativo , fresco e natural .
Rapacinho esa obesidade en grado 2 esta acabar contigo

rui disse...

Ti xa me queres levar ao nicho! a obesidade era en grao 1, e para disimular chamáronlle sobrepeso.
Teño que facer unha dieta desas tipo da cervexa, ou que inclua algún outro alcohol.