sexta-feira, 11 de fevereiro de 2011

microeternidade


Na chapa galvanizada das casetas dos pescadores non hai máis futuro que o presente
que os vellos vaian afogar as suas derrotas na auga escura e fonda do océano!
o reino eterno da tinta indeleble dos rotuladores negros, resiste o salitre e o vento do norte
que importa a duración se o tempo é a máis subxetiva das realidades
vinte anos de faena pesan menos que os dez minutos do primeiro bico nas escaleiras do peirao


9 comentários:

oko disse...

a declaración máis sincera que atopei tatuada nunha parede foi esta: ´
http://2.bp.blogspot.com/_oxXsGN_Ih-E/SQd4VmWW2vI/AAAAAAAAApk/HBv1yrRcD-E/s1600-h/lisboa+106.jpg

sen dúbida, poesía

rui disse...

Entre a tristura e a sorna, parece alguén que se burla dese estado de abatemento. Micropoesía.

Por certo, anoteime nun taller de literatura mínima, na rede, é en www.redelibros.com e vaino levar Xosé Manuel Eyré. Acabo de ver a lista e entro no cupo dos vinte. Espero aprender moito.

oko disse...

lin o anuncio do taller e por algún momento pensei en facelo, mais non teño horas abondo no día
desfrúteo moito. xa me contará ;)

rui disse...

Seguro que aprenderei como mínimo a ser humilde e aceptar as correccións!
Xa irás ti vendo como vai avanzando, supoño que a maioría das respostas daráas na rede (tamén daban a opción de que chas enviara por correo pero mellor en aberto para que todos aprendamos de todos)

(pegouseche o tratamento de cortesía dos mexicanos?)

oko disse...

algunhas cousas boas si que se me pegaron. ás veces falo de vostede (por aforrar caras raras) e son máis educada nas formas (pola conta que me ten). iso si, o de ser directa e dicir "non" sen problemas, non se me quita ;)

rui disse...

Si, un adáptase ao sitio onde vive, pasárame igual en Arxelia, as relacións eran moi ceremoniosas, todos os días saudar a todo o mundo dando a man e cun salamalaikun, ou un sabah-el-khair, aos máis achegados con tres ou catro bicos. Consideraban un desprezo moi grande o chegar onda un grupo e non saudar individualmente a cada un. Ah, e o de despois de dar a man levala ao peito custoume bastante esquecelo cando voltei ao noso país.
Moitas veces teño saudades de Arxelia.
Ah, e dicir que non sempre me custou. Se ti es directa, eu, por oposición, son inverso.

un saúdo

oko disse...

ás veces gosto de pensar que esas pequenas cousas son o que nos levamos dos lugares nos que vivimos. se miro para atrás, quero sentir que estou feita dos retallos dos lugares e da xente que fun deixando no camiño

Anónimo disse...

venho baixando polo teu blog e penso que a tristura a feito presa en ti . Eu son o negativo e ti o positivo , cando nos xuntemos o mundo a de ser algo moi oscuro e retorcido , cheo de desesperanza e felicidades esvaecidas , quiza soio soñadas , apenas percibidas e que a razon rexeita .
mandote un bico

rui disse...

Recólloche ese bico e devólvocho con intereses, multiplicado por dous, ou tres