sábado, 26 de março de 2011

La taverne des épaves

Alí traballan a xestión do fracaso, ocúpanse na intendencia da derrota. Chegan todos os días os navíos desarbolados, levados pola maré, van encallar alí as naos minguadas de prestacións, inzadas de necesidades, e unha vez superado o formulario inicial de brusquidade, a rudeza que non é traba despóis de tantas batallas perdidas, cargan nas bodegas contedores pequerrechiños da vitamina C indispensable no mar, para continuar a navegar, así, sen moita esperanza, pero reconfortados de sabérense protexidos contra o escorbuto.
Là-bas, à la Taverne des Épaves

4 comentários:

Anónimo disse...

per favore escriba en cristiano ou en marrano pero que se entenda please

rui disse...

Digamos, nunha tradución libre (e gratuíta) que o título sería something like this: a taberna dos naufragados. E na última frase poría: alá, na taberna dos naufragados. Aínda que épave é o resto dun naufraxio. Pero, however, creo que se entende ben o significado, un simulacro de fogar para os perdidos.

Biquiños

Anónimo disse...

taberna e fogar foi sinonimo en outras epocas mais permisivas , coas sustancias evanescentes da realidade , agora o tema e durar mil anos cruzando un paso de cebra nunha autovia,¿ e ou non e ?

rui disse...

Cantas obras mestras non foron creadas grazas ás axudas desas sustancias! Vivir mil anos en modo xeráneo non ten moito sentido.
bizzz