domingo, 24 de janeiro de 2010

Et demain

Et demain je publierais une photo ou deux pour colorier un chouilla le blog (saudade de l'Algérie!!)

volvo

volto sen victoria, sen derrota
volto no primeiro barco do domingo
hoxe a policía pechara os últimos
e tiven que tomar as últimas
en cafeterías e no bar dos punkis
voltei case enteiro, co sol a me pisar
os talóns.
por se acaso, pasei polo traballo
botei unha hora a bromear cos colegas
e a deixar cair piropos de borracho
mas respeituosos como só pode ser
saíndo da miña boca corrupta.
houbo que soplar, sen disgustos
e houbo que bailar, sem éxitos
na fábrica de chocolate,
no versus dos desastres tamén.

Ben, o vademecum pechado,
a planta baixa tamén
rematei a noite na cafetería da estación
desinibido, a dicir gilipolleces
Comme d'habitude!

(que ninguém se confunda! isto nom é, de ninhuma maneira poesia (bem seguro), isto só é preguiça, de escrever mais linhas com menos palavras)

e agora vou durmir

beijinhos

terça-feira, 19 de janeiro de 2010

Traballo a contraluz


unha mañá calquera de inverno faenando na ría ao abeiro de punta balea, mesmo por días de temporal andan cos raños apañando ameixa ou vieira

ábreseme o apetito, vou comer algo antes de coller o barco, cruzar a ría, voltar enzoufarme no traballo

quarta-feira, 13 de janeiro de 2010

nh - lh

haberá unha saída para, sen deixar de ser nós mesmos, chegar a ser viables e en consecuencia evitar a desaparición?

haverá uma saída para, sem deixar de ser nós mesmos, chegar a ser viáveis e em conseqüência evitar a desaparição?

(esta entrada non ten nada que ver cunha cadea de hoteis)

sábado, 9 de janeiro de 2010

O caramuxo

Poño un chisquiño de color no blogue coa foto deste caramuxo colorado
topeino esta semana na praia, achegueime silandeiro, paseniño, amodiño
vamos, achegueime sen facer ruído, e tireille esta foto, com aleivosia mas sem premeditação,
retrateino sen mais roupa que a que traía cando foi parido

sexta-feira, 8 de janeiro de 2010

A esperança é faixa preta de caratê

Cando falo por teléfono teño que moverme, mesmo se estou nun cuarto pequeno ando arredor todo o que dure a conversa, como se cos pasos fose construíndo o diálogo, ou axudándome a encamiñalo... o carallo é cando che toca falar dende un teléfono fixo, alí preso, atado polo fío, e o peor é cando está xusto enfrente dun espello, entón, sen poder darlle as costas ao fulano que che está contando as enrugas da frente a esperanza leva unha navallada e queda bastante flácida, medio morta.

Sen embargo, a esperanza é unha experta en artes marciais, mesmo cando parece que xa non respira, aínda che pode revivir cunha patada direta à cabeça, basta a presión dunhas mans femininas que veñen por atrás colléndote os ombros para susurrarche calquera banalidade, e dis ti... pero pode ser possivel? e será! E xa dubidas que fora só o contacto das mans, supós que os peitos no teu lombo tamén axudaron algo.

Tamén volve a esperanza, de maneira máis sólida, ectoplasma do meu corazón, como esta tarde cando o macaco saiu logo de poucos intentos, tantos anos había que estaba eu frustrado dende que a iso dos dezaseis tentara facelo na praia e levara tal golpe que abandonara definitivamente o proxecto de dar a voltereta cara atrás. Hoxe non só o macaco (así lle chaman na capoeira), senón incluso o mortal cara atrás! Claro que axudado polo mestre.

Qué maneira de comezar o ano, ben, si, sete días despois, pero son así de lento

terça-feira, 29 de dezembro de 2009

Segunda feira

Como é luns, e ademáis é o derradeiro luns do ano, pero ademáis non é propriamente luns porque xa traballei o sábado e o domingo, como é un luns de tormenta e o barco escoraba dunha maneira lixeiramente perigosa, como un perigo de xoguete, porque "en ningún momento temín pola miña vida", aínda que afundira gañaría a costa a nado (ou iso era o que pensaba cando pola ventá só se miraban as olas, primeiro plano, como en alta mar, a terra desaparecida do horizonte)

Dicía, como é luns, e como o vento zoa nos mastros de aluminio dos veleiros amarrados perennemente no porto deportivo (e se me escapa de novo o pensamento... deportivo da Coruña) e se isto fose unha ecuación matemática permitiríame a liberdade de empregar corchetes e parénteses ou dobres parénteses "[e se me escapa de novo o pensamento... deportivo d(e-l)a Coruña]

Quería dicir que como é luns, independentemente dos adxetivos e advervios que se lle enganchen, tiña unhas ganas tremendas de che facer o amor, ou polo menos, polo menos, de mirar as olas rompendo dende a cristaleira do teu salón, mesmo se os cristais seguen estando sucios... miralas, ou velas, mas velas seguro habería poucas

En realidade, aínda que fose martes ou mércores... ou calquera outro día da semana, creo que tería as mesmas ganas inmensas de tomar contigo un vaso dalgún licor "n'importe lequel", sexa no salón ou ao final dun libro calquera de amor e seda, así, ao azar, para non ter que buscar muito

Ben, pronto será martes, debin quedar durmido, o vento segue a cuspir a chuva contra os cristais, é o seu. O meu é debullar a mazaroca do meu desexo e moer logo o gran para que despois o vento leve a fariña e só queden palabras caducadas ou périmées recordatorio dun tempo traspassado.

segunda-feira, 21 de dezembro de 2009

Compras de Nadal

Saio facer compras para o Nadal... os regalos e iso

de paso merco unha fita verde na mercería

e un parche de Hello Kitty para un buratiño do pantalón

da pequena

que xa non o é tanto e de volta dime que lle ven moi infantil

carallo, como pasan os anos, ao mellor prefería una caveira

ou unha bandeira de Xamaica.

Mi madrinha, tamén pasan os anos para min!

Merco libros, como sempre collo o que a min me gusta

asegurándome un éxito dubidoso...

de volta paro na cafetería das galerías

racho co menú habitual e pido unha copiña

para acompañar o caféconleite

que me axuda a falar un chisco coa camareira

quen por fin descobre que non ando ao mar

o certo é que o café agarrótame a língua

mentres que o Ponche Cuesta inclina varios graos

cara abaixo o plano da miña vida. Sen abusar, ben seguro

“non, traballo no findeano, no nadal non”

mágoa non seren mais que formalidades de taberneira

mentres lle dou un repaso rápido a El País.

Volto a casa cun par de bolsas na man

e unha absolución para a rapaza do terceiro

que pintou esta findesemana

un corazón no ascensor

domingo, 6 de dezembro de 2009

As tres da mañá - Three o'clock in the morning

Son as tres da mañá no cuarto do que fora o meu apartamento neste bairro alto da capital
cando menos é iso o que calculo, espertei hai cinco minutos enchoupado en suor
e non lembro ter escoitado en soños a chamada á primeira oración do día
ademáis afóra segue a mesma claridade das lámpadas da noite
e un canto de paxaros nocturnos que por un intre me descoloca no mencer

Son as tres da mañá e decátome de que os dous cobertores para esta madrugada de outono
foron abrigo de máis, e as sabas xa están empapadas, vou a cociña, bebo auga
pasando á beira do radiador de gas vexo que os mistos queimados seguen no chan
onte estaba nervioso de máis para conseguir acender o queimador
por iso o reforzo do segundo edredón, e esta sede intempestiva a cortarme a noite

Son as tres da mañá e teño tempo dabondo para cair nos lugares comúns do meu pensamento
as voltas, que nunca te devolven ao mesmo ponto de partida e toda esa trangallada
como sempre, desaproveitara o tempo que tivera para facerme á idea
de que os post-it son de papel e o meses de chuvia fanlles cair as letras de tinta indeleble
decaido por teren caido tamén todos os je t'aime que pegara co meu cuspe na sua pel

Eran as tres e cuarto e volvín onda ti, aínda que me fora difícil lembrarte, o cabelo mudara
mas os ollos seguían combinándose sedutoramente co timbre tranquilo da tua voz
volvín á cama e do teu corpo collín só unha man, agarreime a ela
e mentres ti soñabas eu soñei que agardabamos xuntos a fin do mundo
das seis da mañá, de volta ao teu Centre Ville onde as cancións de berce dos klaxon
recordarante mañá os paxaros desta noite, na que aínda que non o saibas
prometinche morder a tua língua antes de deixar a miña alma escapar pola boca
e colárseche aos pés e ás plumas do teu traxe de bailarina para que non poida
xa separarme de ti...
sen dor

sexta-feira, 13 de novembro de 2009

Outra vez

Mañá é o último partido clasificatorio da selección do país para acudir ao próximo mundial, e xa hai tres días que se está festexando na rúa porque moi posiblemente vencerán a Exipto e voltarán estar aí, sendo algo no mundo... do futbol. Hai bandeiras brancas e verdes nas ventás e nas antenas dos coches, como toldos cobren unha chea de rúas, teas de máis dun cento de metros de longo, os chapeus de bufón, as bufandas, os chandal, as camisetas, bandeiras cubrindo os teitos, os capós dos coches, infinidade deles pintados de verde e branco, quen a porta do maleteiro, quen unha porta lateral, ou mesmo o capó enteiro. É unha tolería. Non paran de circular tocando o claxon, axitando os símbolos nacionais polas ventas, medio corpo de fora. Non sei como será a noite do sábado se gañan, peor que o Mouloud.

Porque si, efectivamente voltei cando fixera o firme propósito de nunca máis regresar. Sorpréndeme a calor coa que me reciben, no traballo, nas tendas nas que soía mercar, na librería, nos cafés, no hotel... Para mellor ser o compañeiro xa saiu do cárcere, xa puiden falar con el, ao día seguinte o consul levouno ao aeroporto e xa descansa coa familia. Foi un peso grande para min, podería ter sido eu. Creo que saiu con bo animo, chamáballe hotel El Harrach, tratárono ben. El non voltará. Eu non quería voltar. Todo ten que ter un fin.

E nada, unha visita relámpago, seis días aquí, cinco alá e catro na capital, visto e non visto e xa volto a casa. Perdín o gusto dos aeroportos, canseime deles. Canseime de viaxar.

E escribo por non deixar morrer o blog.