quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Baixar

Hoxe pasou o día e esquecín o xantar, traballo até ás catro da tarde e logo no hotel ducha, e sair ás compras, baixar ao ciber consultar o correo, e á volta xa chovía, as botas de neve, que só a viron nunha foto que levaban na caixa, esvaraban pola acera, volvo ao hotel poñer os zapatos, aínda que están furados agárranseme máis ao chan, e viña con idea de sair cear enseguida, cousa de respeitar algunha das comidas, zas, entrar-sair do cuarto, mas o libro de árabe chamaba por min e non fun quen de vencer a tentación, aí estiven cos plurais, as formas e os colores. Xa postos, prendín o ordenador e conecteille a memória usb na que viña de gravar un textiño teu porque non quería lelo alá no cíber, había moito ruido, os rapaces xogaban en rede, e un cheiro a sumidoiro ao que non me din afeito nas duas horas que pasei conectado. Claro que o teu conto conseguiu emocionarme, fermoso, un chisco delirante como é o teu estilo, saudade e esperanza. E quixen xa baixar buscar un restaurante antes de que peche todo mas lembrei que o tucano que teño posto de fondo de escritorio estaba comezando a perder as plumas, non lle senta ben estar tanto tempo fechado no cuarto, así que abrín a ventá e púxeno pousado enriba da cama para que mirase cara afora, tamén el precisa o aire fresco e a chuvia, de paso deixeille o encargo de me contar á volta calquera cousa interesante que vise, o certo é que debera pór un loro, ao tucano vaille ser difícil aprender a nosa língua.
E así foi pasando o tempo e aínda estou aquí, no cuarto, e teño que baixar cear algo, mas non o consigo.
Lin o teu texto, e emocionoume (creo que xa cho dixen) e quería tamén eu escribir algo, e sacar un chisco o tucano, ben, pólo frente á fiestra para que lle dera o aire, e a luz da noite, algo que o curara, porque comeza a perder as plumas.
E pasa o tempo e os restaurantes xa van pechando e... tiña que baixar cear, mas agora faiseme tarde, e creo que vou tomar unha decisión ou duas, quizáis mañá baixe cear... iso, si, mellor, mañá baixarei cear e todo estará ben mañá.

7 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Não te atrevas a terminar o blogue, não te atrevas a deixar-nos na rua!
Passar por aqui é sempre um prazer, ajuda-me a evadir da salsada da Educação no meu país, transporta-me para a poesia, para o Norte de África, virtualmente, agora que estou em contagem decrescente para entrar Sahara adentro, algures pelo Sul de Marrocos! E transporta-me para a tua inquietude/quietude que tenho o prazer de partilhar.
Por isso... não te atrevas! :)
Beijinhos e fica bem

Raposo disse...

Resumindo: tu sen cear, e o tucano ata os collóns de estar no cuarto. E o día esmorece, os chigres pechan e tu sen cear. Tómate unha cervexa polo menos, meu!

rui disse...

Anabela, tens todo o direito a exigir que não seja fechada esta casa, tu es quem mais vezes a visitas!
Em Alger era mais fácil de me ocupar todos os dias do blogue, estava sozinho e com a internete em casa, agora vivo de hotel e tenho colegas, já todo o tempo não é para mim e o computador. Mas boto em falta escrever e mesmo quando só forem trapalhadinhas as escrita tem um poder curativo extraordinário.
Por isso não vou fechar.
Ah, e que a espera para voltar ao Sahara não se faça muito pesada com os problemas da Educação.

Beijinhos, Anabela.

rui disse...

Raposo:
Pois hoxe si que baixo, e vou combinar os dous, cear cunha cervexa, ou duas, ou unha botelliña de viño.
Ah, e o carallo do tucano enterouse de que no salón do hotel hai a wifi (mira ti o que saben estes bichos)
Saudos

llll disse...

xusto agora que escribiches estaba a lerte... conexión!

rui disse...

Manda forza, pois si, envío o comentario e xa me entra o teu!

llll disse...

;)