quinta-feira, 15 de janeiro de 2009

Podo dicir

Podo dicir “por algunha razón que descoñezo”
trouxen cachos de ti
até nos petos máis pequenos
das miñas maletas
podo dicir mais non é certo,
cortei a posta retalliños
do teu corpo, paseinos tamén no dobre fondo
ocultos entre papel de aluminio
para que se abran nesta tumba
como fosforescentes sinais de tráfico
dirixíndome no fondo,
no abismo calado e escuro
onde só é a pel da polpa dos dedos
meu interlocutor co universo.
Retallos feitos de enderezos
en cachiños de papel enrugado,
de libros fetiche,
de marcapáxinas co teu olor,
complexos vitamínicos
estudados para combater
a soidade, a ausencia, o silencio
deste cuarto sarcófago
onde a pouca luz do sol que cae atrapada
na trampa do patio de luces
chega ao fondo lenta, cansa, apagada
perdidas xa as suas propiedades
curativas

7 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Ha! Ha! Voltaste poético! :)

rui disse...

Voltei ao Maghreb e preciso de um periodo de adptaçao, é muita mudança!
E por riba nao tenho conexao à internet, nem esperança de a ter em breve. Tudo sao lamentos!

Anabela Magalhães disse...

Mas que grande chatice! Vê se te ligas à rede...
Vou passando.
Saludos
Beijinhos

Anónimo disse...

quen estivera neses papelinos, quen tivera un amor de amores materializado na mina pel , suspirando por suspirar, fazendo practicas de amor, sin a recompensa da fartura, pozo sin fondo, no que se botan as palabras que non queres que ninguen oia con medo o eco as miradas que leen nos beizos, maldita boca ;;;;
abraiasme queridino

A Conxurada disse...

Este texto é precioso.

rui disse...

Conxurada, comentarios asi fan que non se me acaben as ganas de escribir, e esqueza todas as veces que penso na inutilidade do blogue (do meu)

rui disse...

Meu querido anonimo, disculpa que che escriba sen til, o teclado azerty dificulta enormemente a tarefa. E como semella que ti sofres do mesmo mal recomendoche o emprego do nh en sustitucion do enie (p.ex. queridinho)
O que me abraia es ti, logo estamos mutuamente abraiados.
Unha puntualizacion, a fartura nunca pode ser unha recompensa para as praticas amorosas, a fartura é para os xantares de festa(e as praticas para o tiro) cando lla aplicas ao amor estaslle ponhendo o ponto e final.

Venha rapasinho, vemonos
Biquinhos