sexta-feira, 27 de março de 2009

Para cruzar a ria

Os barcos que cruzan a ria van tecendo pola popa alfombras brancas que só aguantan uns intres na superfície, afunden-se lentamente, o fondo do mar está cheio delas, bastaria con baixar e sacar unha ou duas que amarradas, poño por caso, entre a praia de Rodeira e o Berbés permitirian facer a travesia a pé ou en bicicleta. Xa sei que ninguén quere iso, agora falas-lle à xente de camiñar tres quilómetros a pé e tratan-te de tolo. Seguro que xa temos a tecnoloxia necesária para facer tal, mas os corpos amoleceran, contaminados dunha presa que nos fai mover-nos mais lentos. En fin, habera que estudar o tema a fondo cando o transporte de ria xa non sexa rentável, alguén aparecerá entón que se anime a pasar por riba da alfombra, para non dar toda a volta por Rande.



5 comentários:

Ra disse...

Apetece.

Mua.

rui disse...

Xa foi esta semana o primeiro baño do ano, estaba fría de carallo pero o corpo quedou novo. Biquiños.

oko disse...

eu apuntaríame a facer ese paseo alfombrado. non che me gusta ren a autopista

Anabela Magalhães disse...

Sabes que até me arrepiei ao ler o teu comentário? Brrrr!!!!
Que frio!

rui disse...

Oko:
A min non me gusta coller o coche, prefiro cruzar no barco e logo dar un paseiño até o choio. O día que colguen a alfombra xa fago todo a pé.

Anabela:
Eu não tinha coragem mas a filha pequena insistiu, e houve que aguentar o frio.

Agora voltei a Argélia, de novo com chuva e muito trabalho, quase não há tempo para o blogue!

Salutations distinguées!!