sábado, 11 de abril de 2009

Ateísmo e dalle que te pegho (jotake, irabazi arte)

Estes días anda o asesor espiritual da compañía a tentarme convencer de que non hai máis deus que alá e de que mahoma é o seu profeta, non se cansa o fulano, comezamos falando da miña relixión, feita de esquemas eléctricos, motores hidráulicos e sistemas de refrixeración, e non aguanta nin cinco minutos sen pegar o cambio ao seu reino, mecaghonacona, que lle teño que aturar o discurso durante corenta e cinco minutos de pe, ao sol, e non se dá por vencido...

... carallo, chamaron por teléfono e xa perdín o fío

O primeiro no seu método é tentar convencerme de que deus existe, e para iso emprega a táctica peregrina de me poñer fronte à criación do mundo, quén foi o que criou todo isto? mas eu que son galego de profesión retrúcolle que a miña cabeciña non da para respostar a cuestións dunha magnitude tan elevada. De todas formas é parvada querer explicar a orixe do universo, qué carallo me importa a min como comezou todo, como se iso fose cambiar a miña vida. É orgullo van o querer saber todo, e é sinxeleza tirar polo camiño fácil. Que exista un ser supremo arranxa moitos problemas, xa non hai que investigar.

En fin, a ver se cansa pronto e vai por aí romperlle a cabeciña a outro (porque o de traballar, o que é traballar, parece que na sua relixión é cousa secundaria)

5 comentários:

Raposo disse...

Ben, si na súa relixión o traballo é secundario xa é algo positivo. Porque na nosa, na que temos que aturar nós, "comerás o pan coa súor da túa fronte", ou algo así.
E vaia gracia!

angel ppog disse...

vexote no ceo dos ateos, a felicidade esta na ignorancia de todo o que non nos e preciso nese momento unha mente sobrecargada e unha mente infeliz. convirtete e reza que do resto xa se ocupa deus igual ysrda un pouco iso si e acabas comendo merda e vivindo no lixo todo o mundo esperando e rascando os huevos mentras aparece e o que ten.
hay que mandalos a todos o deserto sen agua haber si dios os ve apurados e aparece no peor dos casos libramos dunhas bocas inutiles e famentas.
o mellor de ocuparse das grandes incornitas da humanidade e poder olvifarse de un mesmo.
amen jesus

rui disse...

Raposo: Eles teñen os mesmos libros sagrados que os xudeos e os católicos, co corán a maiores, así que tamén coñecen o do pan con suor, mas daranlle outro valor.
Supoño que a miña relixión é o traballo e o que máis me fode é ver alguén que non profesa a miña fe. Eu non lle vou á mezquita mas el ven ao meu templo coa profanación do escaqueo.

Angel: iso que dis é unha animalada, unha cousa é estar ata os collóns, como eu por exemplo estes días só no choio aturando todo isto, pero non podes utilizar unha situación persoal para xeneralizar. Topei praticantes que son tamén da miña relixión, e xente caralluda... traballadores, quero dicir. E que te respeitan, sen tentar levarte ao seu regho. É difícil para nós adaptarnos aquí.
Impórtanme un carallo as relixións, só contan as persoas. Cada unha por separado.

Anabela Magalhães disse...

Também me parece que esse teu companheiro está certo! Olha aonde nos trouxe o trabalho! :)

rui disse...

sim, estar estavamos melhor no paraíso, a culpa foi da maçã. Porém já não há volta atrás. Sua tu ou faze suar aos outros!
Tudo é necessario, mas sem abusar!

Beijinhos.