quinta-feira, 9 de abril de 2009

Mar e pel (a tua)

collo rumbo ao teu corpo

arquipélago do desexo

no mar da tua pel navego

de illa en illa

largando o aparello dos meus dedos

da miña língua de rede

a pescar nos poros a tua entrega

a meter a bordo toneladas

dos teus suspiros

que salgarei para o inverno


collo rumbo a esa ría

que se riza, muda, medra

chamo polo temporal forza sete

mar arborada,

convertida en océano

entrégoche o meu barco

co que levo alá adentro

ti es todo auga salgada

e amorodos, e café con leite

perdo os pulmóns, fágome peixe

respiro as tuas ondas

aliméntome do plancton

dos teus xemidos

almíbar que conservo

en botes de confitura

para o outono

cando pluf

non haxa máis mar


Non toparía en terra

lugar tan seguro

como nesta tormenta.



Je prends cap à ton corps

archipel du désir

sur la mer de ta peau naviguer

d'île en île

larguer le gréement de mes doigts

de ma langue-filet

pour pêcher dans tes pores ton dévouement

pour mettre à bord des tonnes

de tes soupirs

que je garderai en sel pour l'hiver


je prends cap à cette baie

que se couvre de moutons, change, grandit

j'appel la tempête force sept

mer arborée,

devenue océan

je te livre mon bateau

avec ce qu'il y a dedans

toi, tu est toute en eau salée

et myrtille, et café crème

je perds mes poumons, je me fais poisson

je respire tes vagues

me nourris du plancton

de tes gémissements

sirop que je conserve

dans des pots de confiture

pour l'automne

quand, plouf,

il n'y ait plus de mer.


Je ne trouverais pas en terre

endroit plus sur

que cette tempête.



12 comentários:

oko disse...

pensei que seguía pola ría :(

rui disse...

Non, só hai trece días que marchei, mas semella unha eternidade. Estaba mellor en Arxel o ano pasado, en Orán abúrrome, o hotel non é o mesmo que estar na casiña de un.

bena disse...

si trié j ollé !sa me fais heureuse

rui disse...

l-yom, nhar machi mlih, mais maa kalimatek koullech kher, qelbi, wardati. Bientôt, nroh le-l-djaza'ir, li ndir hweidch bezzef maa enti, aasseli.

angel ppog disse...

todos a auga , hai que aproveitar a tormenta

Mariola disse...

"Non toparía en terra

lugar tan seguro

como nesta tormenta".

Delicioso Rui...

rui disse...

Sen a coma quedou marabilloso o teu comentario!

Contento de verte por aquí

Ra disse...

Qué maravilla...

Abrazo.

Anabela Magalhães disse...

Sim, que maravilha!
Gostei de passar por aqui.
E agora ocorreu-me... Oran não fica perto da fronteira com Marrocos? Ou estou a fazer confusão?

Mariola disse...

É que non hai vírgula, es delicioso, un Rui delicioso e amargo.

carameleira disse...

pasei a lerche e gostei de ti. Un biquinho rui

rui disse...

Ra: marabilla o teu último post do casanova, brillante, xa o lin tres ou catro veces.

Anabela: sim, fica bem perto de Marrocos, uns 150 Km em linha reta, mas as fronteiras já há anos que estam fechadas. É precisso ir de avião, ou atravessá-la ilegal.

Mariola: voume pór rubio! Menudo piropo que me botas. Claro que son tamén amargo, se fose sempre doce sería empalagoso.

Carameleira: eu também gosto de vôce. E já sabes graças a quem escrevo.

Angel: un biquiño, xa pronto tomamos un té xuntos (se non hai terá que ser cervexa, ou algo polo estilo)