terça-feira, 29 de dezembro de 2009

Segunda feira

Como é luns, e ademáis é o derradeiro luns do ano, pero ademáis non é propriamente luns porque xa traballei o sábado e o domingo, como é un luns de tormenta e o barco escoraba dunha maneira lixeiramente perigosa, como un perigo de xoguete, porque "en ningún momento temín pola miña vida", aínda que afundira gañaría a costa a nado (ou iso era o que pensaba cando pola ventá só se miraban as olas, primeiro plano, como en alta mar, a terra desaparecida do horizonte)

Dicía, como é luns, e como o vento zoa nos mastros de aluminio dos veleiros amarrados perennemente no porto deportivo (e se me escapa de novo o pensamento... deportivo da Coruña) e se isto fose unha ecuación matemática permitiríame a liberdade de empregar corchetes e parénteses ou dobres parénteses "[e se me escapa de novo o pensamento... deportivo d(e-l)a Coruña]

Quería dicir que como é luns, independentemente dos adxetivos e advervios que se lle enganchen, tiña unhas ganas tremendas de che facer o amor, ou polo menos, polo menos, de mirar as olas rompendo dende a cristaleira do teu salón, mesmo se os cristais seguen estando sucios... miralas, ou velas, mas velas seguro habería poucas

En realidade, aínda que fose martes ou mércores... ou calquera outro día da semana, creo que tería as mesmas ganas inmensas de tomar contigo un vaso dalgún licor "n'importe lequel", sexa no salón ou ao final dun libro calquera de amor e seda, así, ao azar, para non ter que buscar muito

Ben, pronto será martes, debin quedar durmido, o vento segue a cuspir a chuva contra os cristais, é o seu. O meu é debullar a mazaroca do meu desexo e moer logo o gran para que despois o vento leve a fariña e só queden palabras caducadas ou périmées recordatorio dun tempo traspassado.

15 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Passo a correr só para te desejar um excelente ano de 2010, extensivo à tua família.
Muuuuuuuuaaaaaah...

Ra disse...

Qué tal esa resaca, meu? ;)

Raul Martins disse...

E o "luns" último do ano já era. Assim como martes, miércoles e el virnes, que dá as boas vindas ao Novo Ano, não seja 13, mas pleno de sorte, saúde, viagens, lutas, sonhos, escrita... o melhor que desejas e que lutes para o conseguires como bom calego que luta pelos seus objectivos.
.
Carpe diem!

Raul Martins disse...

E o "luns" último do ano já era. Assim como martes, miércoles e el virnes, que dá as boas vindas ao Novo Ano, não seja 13, mas pleno de sorte, saúde, viagens, lutas, sonhos, escrita... o melhor que desejas e que lutes para o conseguires como bom calego que luta pelos seus objectivos.
.
Carpe diem!

rui disse...

Ra:

Ohhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!
nada de nada de resaca
resaca zero
aburrimento infinito
ou é o un ou o outro
Mesmo esquecín os bos propósitos para o 2010
Voume deixar levar ao son das mareas deste ano... a ver que pasa

rui disse...

Raul:

Nasci o 13 de dezembro, e aquele ano caiu em terça-feira... por ora não sufri de adversidades distintas das do resto que nasceram o 12 ou 14 ou qualquer outro dia do mês. Não creio no destino, só na vontade do ser humano.

Muito obrigado pelos bos desejos

(os anglo-saxões tenhem a sexta-feira 13 como dia fatal, na Galiza é a terça 13, o mesmo que em Espanha, em Portugal non sei qual das duas é)

tentarei aproveitar o ano enteiro

Um abraço, Raul

ekis1331 disse...

A túa nostalxa extrema éme próxima.

Anabela Magalhães disse...

Respondo-te eu à pergunta que endereçaste ao Raul - por cá o dia fatídico é sexta 13!
Beijinhos

Raul Martins disse...

Caro Rui,
A Anabela.sempre.atenta já respondeu por nim: sexta, 13.

Eu também não acredito no destino; nós é que fazendo as opções de vida que achamos mais acertadas.

Um abraço

rui disse...

obrigado pela aclaraçao, Anabela e Raul. Tao perto, a Galiza e o Portugal, e tao distintos!

rui disse...

ekis1331:

e non seremos os dous galegos, por un casual?

Iso de nostalxia extrema sóame a Rip Curl, Surf extremo. Nunca me pasara pola cabeza tal definición, pero gústame, bastante axeitada.

Medio discípulos de Schopenhauer!

ekis1331 disse...

Non teño nin puta de surfear... Shopenhauer era galego?? ;D

rui disse...

Non, eu surfear tampouco pero teño un irmán pequeno que está co bodyboard, por Patos e a Lanzada. E o de Schopenhauer... eu son de formación técnica e nunca estudei filosofía, pero si que en relixión surfeara algo sobre Kant, Hegel, Marx..., o básico.
E á pregunta de se Schopenhauer era galego, a resposta é non, sen embargo Spinoza era fillo de portugueses aínda que nado en Holanda. A verdade é que a resposta non ten nada que ver coa pregunta, pero si que é importante que non todos os filósofos foran alemáns ou franceses.

Vaia aclaración máis turbia!

Unha aperta

ekis1331 disse...

Unha aclaración coma unha olaza... afojooo!
(Por certo, bos recordos me trae a Lanzada, veraneabamos alí, acampabamos no camping "O Espiño", non sei se seguirá existindo... si que hai boas olas por alí si..)

rui disse...

Eu tamén era dos que ían de camping, pero nas rías de Muros e Arousa. Á Lanzada hai moitos anos que non vou