sábado, 5 de março de 2011

Spécial minceur


Agora que, despois dun número indeterminadamente alto de series de exercicios anaeróbicos, os meus abdominais asoman asombrados á luz do tecido de algodón da miña camiseta, e os bíceps, tríceps, etcétera, abultan de maneira desproporcionada por baixo da camisa apretada, xa podo dicir que teño o corpo preparado para a batalla dos seres primitivos.

Porque unha cousa é o desexo da humanidade de mellorar abandonando para iso a lei do mundo salvaxe de onde ven, no que os animais só sobreviven se son fortes, aspiración lograda xa hai moitos anos coa protección dos débiles e enfermos como un deber de especie, cousa que nos fai físicamente máis febles, pero por contra revirte no engrandecemento do noso intelecto. E outra cousa distinta é que teñamos superado eses miles e miles de anos de acatamento das leis orixinarias.

O caso máis claro é o do cortexo de apareamento, un dos piares biolóxicos de calquera especie, no que a situación non difire moito da do resto de animais: búscanse parellas cuns atributos que faciliten a sobrevivencia da descendencia en situacións adversas, mais no canto de procurar individuos que destaquen polas suas capacidades intelectuais, séguense, como os primitivos homosapiens dos que descemos, privilexiando os atributos físicos, como se a nosa sociedade continuase a estar baseada na forza bruta.

Dixit e que ben me quedou!

4 comentários:

Anónimo disse...

sobrevivir non sei se sobreviviras , pero en principio eres un home mais gostoso, a especie esta mais que salvada somos ....4000.000.000
estas no olimpo dos ben feitos
( valga a exajeracion)

rui disse...

Cantas flores me botas! J'ai toujours eu du succès parmi les hommes, dommage! (que ce ne soit de même avec l'autre moitié de l'humanité)
Hala, e agora reactiva o teu francés (a língua, bien sûr)

llll disse...

canto tempo sen vir por aquí!

rui disse...

Contento de volver a verte!
Sigo visitandote pero non deixo pegada.