quarta-feira, 2 de abril de 2008

Visitas

Ao principio, cando creei este blogue, puxen un contador para saber canta xente ía pasando facerme visitas (xa sei que é coquetería, ben, non che son perfecto), e claro case ninguén, só algún que outro amigo, pero quedei flipado porque aparecía na lista dos países a Groenlandia, amáis volvía e volvía o fulano visitarme cada día, claro que coa miña intelixencia aghuda non tardei moito tempo en decatarme de que o ghichiño non era outro que eu cada vez que accedía, e este cabrón de contador no canto de poñerme Arxelia que é o país no que estou a traballar, púñame Groenlandia, non sei se é que teñen códigos telefónicos semellantes ou qué é. Como ao entrar na páxina do contador pregunta se topei algún erro, mandeille un escrito informándoos do tema, pero xa hai tempo deso e segue engrosando a lista das conexións dende Greenland, Terraverde (qué nome tan lindo!) parece como a nosa terra, aínda que eu vivindo na zona das rías baixas case podería identificarme máis con Eucalyptusland, ou Burntland. Que ghanhe o máis forte! lei da natureza e que ghanhe o máis rentabel! lei de mercado, cando neste caso as duas leis apuntan no curto prazo ao alcolito (ghustame como meu pai o chama) é claro que sempre vai ghanhar, só que despois do curto prazo qué imos facer? xa se foderán os que venham atrás! non si, mon amour?

E falando de visitas, agora que estou lonxe e teño tempo e teño morriña, e visito os blogues galegos e portugueses e brasileiros para sentirme un pouquiño como no país, estiven tentado (afástate de min satanás!) de deixar de escribir, porque topei xente que conta marabillas, textos que me emocionan, poesías para soñar desperto, historias moi ben narradas, metáforas redondas, fermosas como as rosas que veño de mercar esta tarde (por fin!). E nunca acadarei ese nível (olho! com o til no i) pero, mas, porém, but, mais, decidim continuar. Gostei imenso duma visita que recevim esta semana de um dos meus blogues preferidos, é como se es afeccionado de uma equipa de futebol e o treinador vem à tua casa. Gostei imenso dos Xigantes, emocionou-me, lembrou-me a minha infância, quando no enterro duma tia-avó estavamos os irmãos a jogar alheios na eira, arredor do carro, e lastimaramos a pequena num braço. Isto era na Estrada que foi o meu paraíso durante muitos anos, mesmo agora é um lugar que visito com alegria, passear pelos bosques da minha mãe dá-me paz, enche os meus pulmões de folhas de carvalho, e os encoros á beira das erveiras soltam un arrecendo que me traz tantos, tantos recordos!

E agora pragmatismo. Estiven tantos meses cunha moa a me torturar que non houbo outra maneira de se desfacer da dor que me apertaba a cabeza máis que sacándoa (arracher din en francés, qué bruto, qué medo) e por suposto, logo antibiótico e mesmo se aquí nos prospectos dos medicamentos non preveñen contra o pouco conveniente que é mezclalos con alcohol (claro que os musulmáns non beben, mon œil!) eu, con coñecemento do tema, pasei dez días de abstinencia, e hoxe, rematado o prazo abrín unha botelliña de Coteaux de Tlemcen, viño tinto do país que está caralludo, e non é de extrañar que estea a misturar os temas e as línguas e escrevendo este texto sem muito sentido. Ben, admítense queixas. Obxeccións tamén.

3 comentários:

Zeltia disse...

¿Queixas? como me encantou ó máis puro estilo querido diario!
segun che ía saíndo, auténtico, aí ensinando as debilidades, (como me gusta verme refrexada, notar como hai pensamentos que percorren os mismos camiños noutras mentes. ojú. iso debe ser algo enfermizo. [digo ojú porque teño unha amiga malagueña])
e mesturando os idiomas, que xa o notei a medida que ía lengo.
no meu antigo blog eu tamén empezaba algún post en castelán e pasábame ó galego, ou revés, exo xa foi o ano pasado, que me levaba o demo por falar galego, e tiña todo o puto blog escrito en castelán, e ó final deixeino quedar e abrin outro, pero ainda me veñen saudades, que sei eu
(e doadísimo isto de deixarse levar a decir todo o que che pasa pola cabeza como estou a facer, total o outro (neste caso tí) que se foda, que non me pode parar)

e bueno, para rematar, mesmo a lectura do teu blog por hoxe,
direiche que da Estrada foi (e segue sendo que segue por alí) o meu primeiro noivo, con 16,
eu ía de vacacións ó sitio onde nacín, na comarca do deza, e coñecémonos nunha festa de verán, que para iso foi no século pasado. ai, canto voou o meu pensamento cara a Estrada dende esta Coruña salgada!
O viño tamén che me gusta ben!

Non che digo estas coincidencias para que te sintas máis vello (por coincidir cunha peri-menopáusica nos gustos, home jajaja)

ata outro día que as frangullas de pan me traian por estes eidos!

rui disse...

mi madriña! eu non son da Estrada, pero é como se o fora, vamos, no corazón síntome dalí, é a terra da miña nai e foi a da miña infancia adolescencia. E agora que me escribes nestes posts antigos, e estando seguro que ninguén vai ler este comentário... eu non tiven novia alí, tiven unha namorada, durante uns anos, o máis platónico dos amores, nunca ela soubo nada e penso que foi mellor así. Tamén o meu pensamento voaba seguido de Vigo ao Ulla.

zeltia disse...

mira que coincidencia,
A Estrada,
terra dos nosos amores adolescentes...

:D