sexta-feira, 18 de abril de 2008

Máis flores




A segunda compreina onte alá abaixo, na Colonne, é fermosa, pero xa todos o saben, xa houbo unha chea de persoas que traballaron en ela para que así chegase a ser.
A primeira naceu nun testo do balcón ela soíña, pensei que era unha hortensia, pero é brava, sen embargo é moi linda, só hai que se achegar un chisquiño a ela para se decatar.
Cal é a mellor? case gosto máis da pequeniña.

2 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Decididamente fico com a primeira. Porque mais singela.

zeltia disse...

é unha malva (era)
¿non si?
mesmo ten propiedades medicinais.