quinta-feira, 17 de julho de 2008

Camiño

Decididamente camiño coa miña sombra pegada aos meus pes e sempre, sempre teño medo de que por exemplo, veña a noite e me encontre lonxe lonxe dalgún sitio, de que comece a treboada e eu estea de manga curta e a dez kilómetros de calquera abrigo, de non topar unha fonte na que facer que a miña lingua se despegue do meu paladar, de ferir un pe e arrastarme penosamente, de que saian os cans e me traben nas pernas, de que na escuridade se acabe o camiño e caia polo caborco, de que entre as árbores perda a orientación e quede eternamente a camiñar en círculos. Camiño entre edificios e en descampados, e en terras de cultivo e en bosques, camiño sempre con medo de que se me acabe o camiño sen ter chegado a ningures.

2 comentários:

zeltia disse...

Empézame o sono con forza!
son unha mixiricas

rui disse...

É que as veces o discurso é algo pesado (fago durmir ata á lectora máis fervorosa)