A persiana do balcón quedara aberta, e ás oito cando marchaban xa abrín un ollo, e enseguida o outro e boteime afora da cama, almorzo e de seguido, en pixama, comezar a terápia da limpeza desta a que fora a miña casa de Arxel. Alá no hotel non teño a posibilidade, así que aquí tomei unha sobredose para que me duren os efeitos benéficos até que poida voltar de novo. Os fogóns, os botes de especias, o cubo do lixo, o chan, os baños... e preparar a cea, as lentellas con pescozo de ovella, a cebola, os allos, as patacas, o cogombro, o tomate e unha boa dose de pementa. Ben, hai que dicir que as primeiras horas da mañá foronse arrastando dificilmente, eu achácollo ao viño da véspera, porque o ron érache do ghai-cualiti.
Déranme as tres da tarde e aínda estaba en pixama, qué dexeneración! Volvín durmir hora e media ata a volta dos compañeiros. E só saín á rúa ás sete e media, para o concerto, a primeira vez dende que estou aquí que asisto a un acontecemento dese calibre. Por mediación dun rapaz que traballa na radio conseguimos entradas para o recital de música andaluza e hawzi que daban no auditorio da Radio Algérienne, mesmo se semella un chisco monótona valeu a pena, mágoa que o local estaba medio baleiro, eran vinte músicos con violíns, laúdes, contrabaixo, frauta, derbuka e unha pandeireta. Dá gusto coñecer a cultura do país, porque das discotecas "tipo europeo" xa non tiro nada de proveito.
Logo de volta, como o carro tiña matrícula dunha wilaya conflitiva, paráronnos nun control e blablablá, o de sempre. Tamén pasamos por uns cinco ou seis máis e xa tivemos vía libre. Entre a cantidade de buratos na rúa e a de barrages policiais avánzase lentamente. O importante é chegar, e aquí estou, a darlle unha segunda oportunidade ao ron, se mañá todo vai ben quedará científicamente demostrado que fora o viño, miña nai.
Hai días que comezan estancados e pouco a pouco ábreselles unha fenda e se fan río. Como hoxe.
4 comentários:
Feliç Sant Jordi.
Pois non o sabía, pero esta tarde baixei até o centro e merquei uns libros en Ibn Khaldun, vaia coincidencia.
Unha rosa para ti e felices leituras. Se podes lé o de Yasmina Khadra, en francés titúlase Ce que le jour doit à la nuit, debérono traducir como O que o dia deve à noite. En realidade non sei que efeito producirá en alguén que non coñeza Arxelia, pero gustoume tanto que cho recomendo.
Biquiños
tan esaxerado coma sempre non seria riachuelo , e a musica podese decir aburida que non pasa nada, os mortos mortos estan e esa musica que antes era do pobo agoranon e de ninguen (perdonenme os intelectuais)
Riachuelo ou reghato, o importante é que a augha circule. E non dixen aburrida, o adxetivo foi ben escollido. As cousas fermosas ségueno a ser aínda que pasen os anos. E voltaría escoitalos se desen outro concerto.
Enviar um comentário