sexta-feira, 8 de maio de 2009

arabe-amazight

... pinga de océano, vou nunha onda ou quedo no burato dunha pedra a apodrecer logo dunha marea viva, qué sei eu, unha pinga minúscula, algo assim, mas xa era sabido, iso somos todos. E vou partir de aquí un día xa non moi afastado, tiña dúbidas, por sorte souberon disolvelas e máis vacináronme contra outras tentativas de fuxida, que si, que haberá arabia, india, chile e o que ti queiras, mas non me pillan noutra, voltarei para quedar coa mágoa de non comprender, aínda non comprender case nada do que me din, iso é o máis frustrante, mafehemtch welo, un árabe-amazight a medio facer, acumulando unha chea de palabras soltas en árabe, un feixe de vocablos da cintura para abaixo en cabil, e aínda máis verde que un aguacate. E xa pensei en apuntarme na escola de línguas ao árabe, pero non será o mesmo, o fus.ha levarame tan lonxe de aquí que non me dirá nada, nada do cariño que lle collín a estas voces, a esta xente, é como o alemán que ven a galiza e logo volta á sua terra e estuda español, vale, si, pero non. Quizais nunca volva, non está feito o país para o turismo, só conseguir o visado custa unha dose de paciencia que xa non teño, a burocracia que tanto quería antes de coñecer isto ficou definitivamente a aniñar no meu corazón, mas como unha espiña transmisora do tétanos...

2 comentários:

Ra disse...

¿El cuore (casi) dividido?
Decía Pedro Sorela que viaja quien sabe irse... pero supongo que eso fué muy fácil de decir :)

Boa noite, rui.

rui disse...

Ben, dividido si, pero non exactamente pola metade. Claro que o que non se vai nunca xa deixa de viaxar.

Bicos