quarta-feira, 6 de maio de 2009

Tortura

Viaxe xa de rutina entre Orán e Arxel, aínda non hai nada que percorría estes catrocentos e pico quilómetros sen a penas deixar de mirar pola ventá, querendo absorber o país o máis a presa possivel. Hoxe, a cortina vai corrida, ao veciño de diante molestáballe o sol; co movemento do tren balancea e deixame ver ráfagas de chairas con oliveiras e herba que camiña cara ao verán (recordos de castela sempre en agosto). Mas o país xa se me infiltrou, e me traballa por dentro, pas besoin de seguir a pasar o angazo dos ollos sobre esta terra, a colleita xa está feita.


Por dentro está xa este país a foderme por sempre, cos seus militares a muxir a vaca do leite neghro, coas suas cadeas ben húmidas para que amolezan as ideas dos que se opoñen ao réxime (chámalles como queiras) e as torturas psíquicas... e físicas, "independentzia! jotake irabazi arte!" Orgullo de seren herdeiros dos paracas represores do governo colonial, de ter sustituído ao invasor para aplicar os seus mesmos métodos nas mesmas prisións de hai cen anos. Tortura, vergoña da raza humana. Desesperaría do home, botaríame ao monte do autismo se non tivese o escalpelo que escinde eses fillos de puta do resto da humanidade.


Sodes menos que as cascudas que fuma o pobre, e sodes unha dose de veleno no meu corazón.

7 comentários:

A Conxurada disse...

Deixeiche un agasallo en forma de Papiro Violeta no meu blogue.

rui disse...

vou recollelo, voando! (en Air Algérie)

rui disse...

Agora que me enfriei, ou arrefeci, vexo que hai algunha que outra palavrinha mal soante, ou palavrão, nesta entrada, mas o tema xustifica os medios. Non borro nada, sigo traballando co corazón, encerellándome na superfície sen afondar nunca. Qué máis ten, cada un é como é!

Anabela Magalhães disse...

Forte.

rui disse...

Sim, algo visceral, falto de recursos literários boteime ao insulto, sei que non se deve fazer, mas estive muito afetado ao conhecer um bocadinho mais das realidades deste réxime ao que Europa deixa fazer para conservar os benfícios que aquí está à tirar.

Anabela Magalhães disse...

É a hipocrisia do costume, Galego.
Conheces regime mais anormal que o da Arábia Saudita? E não viste o palerma do Bush aos beijinhos e aos abraços e de mão dada com os membros da família real?

I LOVE YOU disse...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,聊天室,情色,a片,AV女優