sexta-feira, 11 de abril de 2008

Joie!

andava de paseio pela rede, visitando os sitios que me gustan, un saltiño aquí, un chimpo alá, ler o que fai a xente, cousiñas lindas, cheguei á ortografia do olhar, saboreei a poesía brasileira, escollín o link da pícara de alhegue, e logo dalí pasei á tola do monte, e foi no blogue dela onde topei o icono da irmandade da fala, pincheino e lendo, lendo, entereime de que se podía descargar unha libraría de galego para o windows, e alá de cabeza me fun, non foi doado, moitos pasiños intermedios, mais conseguino, instalei o galego no ordenador, e agora mesmo cando me aparecen mensaxes negativas dáme alegría que sexa na miña língua "windows bloqueou algúns programas de inicio". Por fin!

Porque os computadores dos colegas vascos están en euskara, e eu dicíame, qué miserables somos que nin Microsoft recoñece a nosa língua! pero si, por fin, pouquiño a pouco. Poliki, poliki, amodiño, amodiño, pero sempre cara a diante.

1 comentário:

Zeltia disse...

E mira tí canto retraso levo eu, que ata hai pouquiño tempo non me paraba a pensar nesas discriminacións do idioma... pero qué ben o entendo!