sexta-feira, 4 de abril de 2008

Para ela

Non che construirei un mundo prefabricado onde esteas protexida do vento do norte con sebes de rosas e xasmíns,
nin unha casiña con paredes de pedra e cadros alegrándoche a vista, con ventaiñas por onde entre o sol a dourar o teu cabelo castaño.
Quéroche dar unha estreliña que gardes no teu peto e poidas sacar en cada cruce de camiños ao que chegues,
e vaias por onde vaias sempre terás os meus brazos fortes, cando os necesites, meu amor, miña Flor.

2 comentários:

Zeltia disse...

estou algo colorada,
sinto coma que non tiña que ter lido isto.
mesmo me emociona coma se mo dixeran a min.
(o dos brazos fortes o que máis,
e cando lle dis miña flor. Que parvada que me emocione, ¿non si?. Deben ser as carencias, que de súpeto, agroman

rui disse...

Está publicado para que o lea quen queira.

Fíxeno para a miña filla máis vella, chámase Flor, polo seu cumpleanos. Pero claro, ela non le o blogue.