sábado, 5 de abril de 2008

Qué vai ser de min!

Aghora xa, definitivamente, rematei a botelha de ron, e hai dous días foi a de martini, só me queda o vinho do país, que se bebe sen sentir aínda que logo síntese ben na cabeza. Que se me estou volvendo alcohólico? non, hóstias, non! eu sempre son bastante esaxerado, e amáis durante o día non hai maneira de tomar un ghrolo, augha, zumo, colas e mirindas as que queiras, pero algho con vidinha, iso xa non é tan doado, podería ir xantar ao hotel, pero entón o prato custaríame dez veces máis que na rúa, e fódeme bastante. O que me ghustaría aghora sería ter unha botelhinha de licorcafé, coma os ghaiteiros, eu de música non entendo nada, pero o licor béboo coma se levase trinta anos tocando a ghaita.

Pluf, xa está, xa lhe din o last ghrolo, xa non me queda nada, qué vai ser de min? voume convertir ao islam, así ghastarei menos en tabaco, menos en vinho, e pasarei máis tempo enredando no que realmente é importante, e qué é iso? o futbol? a política? o punto de cruz? non, non nos chamemos a engano, o que realmente importa é o que non temos, e o que non tenho eu é unha mulher que ghose comigho, non, non, non quero alghen que me fagha a comida, nin que limpe a casa, nin que fagha a compra, iso todo faghoo eu e non preciso de axuda nesas materias. A calorcinha dun corpo ao meu lado, ben, un chisquinho de carinho, de compliciadade, muito sexo. Ah, e por quê me convertir ao islam? pola promoción que fan dende hai mil trescentos anos, o das catro mulheres ás que ten dereito cada musulmán, aínda que penso que só é marketing para atraer fieles, porque todos os que conhezo non tenhen máis que unha (será que é únicamente unha cláusula para os ricos). O caralho non é ser pobre, non, o caralho é non ter o que os cartos non poden mercar. Mi madrinha, meu cerebro ressuma filosofía, é o que che ten o ter estudos!

Vale, que estes palavrões non son para dicir diante dos meninhos, pero isto non o lé nin deus (porque está tan ocupado en contar cada pelo que cae da nosa cabeza que non ten tempo para o resto!) bah, eu non creo nin en deus, nin demo, nin ceo, nin inferno, unha fodida mentira todo. Só creo no que vexo, e hoxe acabo de ver a botelha de ron definitivamente baleira, qué vai ser de min!

1 comentário:

Zeltia disse...

ai, o corpiño, como reclama!
(pásanos a todos -non consola nada ¿non si?-)