sexta-feira, 27 de junho de 2008

Fim de fim de semana


Ben, pois logo de dar unha voltiña polos enlaces dos meus blogues favoritos e preferidos, despois de camiñar tres ou catro kilómetros pola area, e outros catro ou cinco pola beira da estrada, tendo mil veces celebrado o bo investimento que onte fixemos ao mercar a crema solar, ben... pois vou preparar a cea (o jantar) que mañá comeza a semana e por fin volve haber choio do fino, do de rebentar o corpo e alegrar o corazón, que non se me dá ben o de enredar rañando o bandullo, soe facer que as horas se arrasten pesadas como elefantes que non dan pasado pola porta. Mas non, mañá voarán coma estorniños, e logo dunha ducha ás cinco da tarde baixarei tomar un cachiño de tarta e un cafeciño con leite ao carón do cimeterio, tan humilde, tan fermoso. Inchal.là!

6 comentários:

berto xxx disse...

such a nice blog.


berto xxx

rui disse...

Nice to meet you.
Try to eat lentils too, that will improve your diet!
Saúdos, rapaz.

Anabela Magalhães disse...

E aqui te deixo os parabéns.
Gostei.

rui disse...

Obrigado, Anabela dos desertos!
Aquí também gostamos e o festejamos.

zeltia disse...

que bos plans! apetecíache traballar e despois tiñas ocupación para o ocio, motivos para sentirse feliz para alguén agradecido.

zeltia disse...

o 27 de xuño é o cumple do meu fillo.
ummmm .... que fixen eu no 2008?
creo que fomos seu pai él e mais eu comer raxo con patacas e viño do país.