terça-feira, 24 de junho de 2008

Pechando

Pechando as contras á noite, coa música enchéndome a casa, festexando cun día de retraso o san xoán, gozando deste ventiño fresco que pasa arrincándolles ás paredes a calor coa que van engordando durante estes días de bafo insoportable, nen aire deixan para que poida eu respirar. Agora si, corre unha airexiña que vale o que unha fontiña fresca agachada no monte. As cascudas xa hai tempo que non me visitan, e os mosquitos pasan e por sorte non topan o meu sangue do seu agrado, será que ando envelenado, mas só un chouiyá, somentes um bocadinho, que aos problemas hai que lles saber aplicar a técnica dos jívaros, e reducilos a un tamaño adecuado para podelos manexar sen demasiada dificultade.

E así remato o día, contente de escoitar as gaitas mesmo se é tan lonxe das fogueiras que onte á noite levaron a alegría ao país. O novo verán xa chegou!. L'été nouveau est arrivé!

5 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Gostei particularmente da técnica aplicada aos problemas.

Anabela Magalhães disse...

Parabéns, Galego!!!
A Espanha na final!!!
No domingo não vou ter só uma costelita... vou ser espanholita por inteiro.

rui disse...

Obrigado, Anabela. Não sou muito entusiata do futebol porém é grande que a Espanha vâ à final. Gostaria mais de ver Portugal mas não pudo ser.
Ontem eramos três galegos a ver o jogo em minha casa (já não estamos sozinhos o computador e eu!)

Anabela Magalhães disse...

Ainda bem que já tens companhia galega.
Confesso-te que também gostaria mais de ver Portugal na final...
mas, já que não pode ser, torcerei por Espanha.

zeltia disse...

é estupendo estar so... pero só cando un quere.
énos tan precisa a compañía de outros, compartir. Onte vin un documental atrasado de Redes (en internet) que trataba da felicidade (da busca dela) e os estudios psicolóxicos nese sentido, chegaban á conclusión que a relación cos amigos, coa familia, a parella, son o que nos proporciona os mellores e máis abundantes momentos de felicidade.