sábado, 9 de agosto de 2008

O corredor

Deixa que che conte, meu amor, deixame falarche do corredor polo que tantas veces teño arrastado os pes, ou máis ben onde arrasto os tacóns dos zapatos, como andando desganado. O meu corredor das tres portas. Hoxe non teño moito tempo de entrar contigo por cada unha delas, só che levo nun paseo rápido para que as coñezas, outro día pasaremos xuntos aos tres cuartos onde tanto teño vivido, onde tanto hei, aínda, viver. A primeira das portas é a dos cercos brancos, a da humidade contínua, a das pingas salgadas, cando paso polo corredor, o meu brazo dereito rózaa como quen non quere a cousa, como para chamar a atención ao resto do corpo, pero o cerebro dálle un consello á man "mira, sería bó que lle proibises firmemente aos dedos estirarse para ir acariñar o pomo, xa sabes que se poñen xogar con el e acaban por abrila". Dalle outra orde ao pé dereito para que avance e logo duns cantos pasos chegamos á porta do cuarto das imaxes, ésta está sempre chea de cores e de sorrisos, pero non precisamos entrar nela a miudo; xa manhá com máis tempo che explico. A última das tres das que che falo é a que pecha o cuarto dos meus paraísos, sempre, normalmente, sae por baixo dela un pouquiño de area e un arrecendo a algas recén cuspidas polo mar, esas algas que de cativos nos fixeron saias de hawaiana, coroas de xefe sioux ou ponchos andinos. Queda prometido que mañá che levo comigo senón aos tres, non habería tempo, si polo menos a dous deles.

Hoxe, dende o solpor está a chamar por min aquel bar das bandeiras da bretaña continental e da irlanda, o mesmo que ten o banzo na porta tan fácil de esquecer á saída.

Un biquiño e que durmas ben, meu amor.

6 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Bonito texto, Galego.
Também estou quase a ir-me de férias. Passarei pelo teu país, não como o ano passado, em marcha lenta e investigatória. Essa ficará para França.
Bjs

A rapaza do arco disse...

Preséntase xenial esa idea de ter unha casa chea de portas que agochan mundos e sensacións, e a posibilidade de descubrirllos a alguén que queres :)

rui disse...

Boas férias, Anabela. Já dentro de sete dias volto ás calores abafantes e terei mais tempo de escrever e te visitar (porque tu, mesmo de férias, não deixas secar o rio!)
Beijinhos

rui disse...

Hei, rapaza do arco, fico contente da tua visita e do teu comentário. Tiña pensado seguir coa descrición dos cuartos mas agora estou de vacacións e teño o blogue medio morto. Gozando deste tempo fresquiño do país!

Anabela Magalhães disse...

Como viste represei o rio, Galego.
:)

rui disse...

já, já vi, não podia acreditar! Es a blogueira mais ativa que conheço, daí a surpresa.