Entre o son das rodas dos carros contra o asfalto, a televisión do veciño, os paxariños que cantan aquí abaixo no oued, e máis os ladridos dun can ao lonxe, pasa esta tarde na que logo dunhas semanas quedo só contra o ordenador, facendo unha pausa nestes días de botellas de Tlemcen e cervexas musulmanas, o certo é que Orán é moi tentador, máis para quen coma min se deixa tentar fácilmente. Moito traballo, si, pero logo compensabamos coas visitas culturais aos locais de perdición, algún tan sórdido que custaría voltar a entrar en el, deixamos alí ás cascudas gaveando polas paredes de veludo vello, pasamos a outros antros de máis postín. Iso si, as ceas, cunha botelliña de viño tinto fanlle a esa cidade un sitiño no meu corazón, mesmo se o mellor que probei non é arxelino, o Sidi Brahim, de Marrocos... tíñao por un viño de mesa dos baratos por oídas na França, que como eles sonche tan seus, todo o tinto que non medre en Bordeaux ou Borgogne perde moito, máis se vén do Magreb... cousiñas deles.
Ah, o imán da mezquita daquí ao lado volve chamar á oración, 20:09 hora local. Antonte despertei ás tres e media da mañá e comezaba a primeira do día. A vida móvese ao ritmo dos minaretes. Qué pode importar a produtividade cando se trata da vida eterna! Ai, mi madriña, qué mal se conxuntan o socialismo coa relixión! O ceo debe andar cheo de arxelinos, para as misérias do material xa están os chineses, claro que alguén ten que traballar, non só de petróleo e gas vive o home.
2 comentários:
Bonito este teu post. Gostei particularmente dele e da reflexão que nele fazes. Quase me vi aí, junto ao oued, ouvindo o chilrear da passarada... é impressão minha ou a passarada é mesmo mais feliz aí no Norte de África?
É que chilreiam, chilreiam que ninguém os cala... o que me encanta.
Eu gosto muito da natureza e dos animáis, foi por isso que aluguei aquí, com o balcão colgado sobre o oued, com um parque cheio de pinheiros do outro lado, os pombos, as rolas, os melros, as andorinhas a me alegrar os dias. Não sei se eles são mais felizes aquí, eu si que o sou aos escutar.
Enviar um comentário