sábado, 28 de fevereiro de 2009

Esperando

saiodenoite? non saio, espero,

bebo só no cuarto,

imaxe de filme americano. No motel. Noite afora. Home sen afeitar

bebendo e fumando deitado nunha cama chea de trapalladas.

Sigo esperando pousando para esa película.

Non lle darei tempo ao día de virme foder, durmireime antes

de rematar coa botella, de fumar o último LM rouge

seguirei esperando pero xa nun día no que ninguén espera

onde a derrota baleira as rúas, dá audiencia a programas de tv inmundos

ruína sen forza de derrubarse

ruido de fondo monótono, desolación.

Polo de agora sigo desperto, a cama está chea de trapalladas

é grande de máis para un só.

Daba de sobra para outro corpo,

dos que veñen con cerebro incluído

mesmo se esta única esixencia se esvae

co escorregar das horas

á fin o sono hame dar a razón

como aos nenos caprichosos

e vencerei sen querelo

para seguir esperando.

Sem comentários: