En Túnez os anúncios se colorean, vía Londres, ou máis ben se decoloran para que os actores parezan máis brancos do que son. Na península se gasta en solários e polvos que recorden o sol do verán. Ti, agora no inverno, traes as mans morenas, non che gusta, encántame, entre a punta dos teus zapatos de tacón, que poñen meus lábios á altura do teu pescozo, e a liña dos teus dedos que separa as duas cores do teu corpo fágome un território onde son braconnier, furtivo coa miña boca póndolle trampas aos teus sentidos, enchendo sen vergonza os teus poros, que por un momento son meus, de vértigo, e facendolles ás tuas uñas desexar romper a uniformidade - da miña pel. Sempre quero que sexa eterno, que pasen as horas e sigamos buscándonos, póndonos as cousas difíciles, quitando a luz para que as imaxes entren en nós polo tacto das palabras que non teñen língua, que se disolven coas flores da manta de acrílico, suavidade que envexa á da tua pel escura.
Pero en realidade, qué carallo sei eu de Túnez?
8 comentários:
Sempre envexamos o que non temos.
Que desfrutes da color oposta.
O das galiñas que andaban ceibas e pasaban do corral para a eira e da eira para o corral, sempre me asombrou, era ir abrir a cancela e había cola dos dous lados, as de dentro toliñas por sairen e as de fora por entraren.
Como outros criaron o símil hidráulico para explicar funcionamentos eléctricos, eu criarei o símil galináceo para tentar comprender os comportamentos humanos.
Eu creo que sabes, e non só de Túnez, máis do que pensas.
un bico.
En fin, qué podo dicir a iso... tómoo como un piropo.
Eu sei tanto como aquel home que leu o de errare humanum est e vendo que os romanos eran xente estudada, fíxolles caso e meteuse a ferreiro.
Saúdos
Levo un cuarto de hora pensando qué poñer e... hostia, e que me encanta como escribes!!
meu neghro....
Ekis
Pois benvido, escribir é moitas cousas, é terápia e tamén vaidade. Se non o fora non publicaría nada.
A min encántame que haxa a quen lle guste.
Saúdos.
carameleira
ja feia temps que no escoltava el color de la meva pell en els teus llavis
Enviar um comentário