sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

Fráxil ecosistema

Fráxil ecosistema, fráxil, sempre a punto da extinción
basta un sopro de vento que traia o fume do basureiro
para que morra até a última erva do meu coração
e se oxide mesmo o parafuso cuberto de vaselina
fondosdomar enemigos do ferro
brisasalgadas coméndome todo
deixando a miña pel queimada
xa non proe o sal
só bate e afonda as enrugas
só idade, a pasar mornos os anos, cun golpe na cabeza
e o frío espertar nunha gasolineira
lévame, lévame, lévame
lévame á beira do mar
onde carallo estou?
Que aspirador lle regalou ao lixo tanta concupiscencia
putas máquinas que todo o moedes!
Quen vos deu o permiso
de tragar cos vosos pistóns brillantes,
cos vosos bobinados vernizados,
os esquemas que fixera en papel vexetal
coa tinta china eterna
mira colegha, non dura nada esta eternidade
que me vendeches
gracias a deus, elhamdulilla,
xa non teño quince anos
para amarte por sempre
até aos dezaseis
porque toujours dura cada vez menos
tanto que dá medo dicilo
só arrisco a entrega
co verde da botella de tinto
amores infinitos de só unha hora.
O incrível homem minguante
empequenecido ao nível das bactérias.
Dame antibiótico amor que quero morrer.
Mas tamén quero resucitar mañá
oxalá, inchala
aínda hai unha chea de cables soltos
no animal
non o podo deixar asi
nin sequera comme ça
precisa do meu cariño,
don't worry, miña cousiña
cando chegue o taxi
salam aleikum
estarei fresco coma unha uva pasa
para che ir facer as beiras.
Beira, ribeira, póvoa, muros...
carnota
mesmo oran e arxel,
cómo vos botarei en falta cando xa non esteades
mais que no backup
do meu passado

Sem comentários: