sexta-feira, 29 de maio de 2009

Balance-Bilan

Ao principio. Ao principio quería escribir. Só letras. Como se eu tivese algún día aprendido a escribir. Vaidade. Quería escribir como de adolescente, imitando o que lía, sinceramente naqueles tempos non saira nada que sobrevivira un ano escolar. Non recordo ben o que tiña escrito, poida que algunha persoa conserve un poema daqueles anos, de todas formas foran tan formais, esconderame tanto que só quedaran en exercicios de rima insulsos. Nin bos para a fogueira, só para o esquecemento gañado a pulso, nin merecen media liña. O único positivo do escrito cando novo, e que finalmente veu ser tamén o destino deste blogue, foi a terápia que supuña, conxurando o medo ao incerto, facendo cábalas, imaxinando un futuro que por telo estruturado no papel xa parecía máis seguro, dábame confianza. Nada máis, sen máis valor que o medicinal. O mesmo no que se converteu este blogue, un rebosadeiro no que viñan parar as supuracións das miñas feridas, os estados de ánimo extraordinarios, as incongruencias do amor, as imposibilidades, as inxustizas, mesmo se nunca fun un loitador, hai situacións tan noxentas que primeiro me enchen e cando estou completo desbordan... aquí. Non vale de nada? Para a humanidade non, para min me descarga, me axuda a seguir adiante. Pero si, realmente non aporto nada positivo máis que para min mesmo.

Logo descubrín o ben que quedaba no medio das letras poñer unha imaxe, e algunha puxen, a maioría fotos do móbil.

O bo foi a cantidade de horas que lle quitou aos medios de comunicación na miña vida. Cando me enterei da peste porcina xa había cinco anos que descubriran a sua vacina (aquí me permitín a licencia dunha hipérbole, ou esaxeración sen parangón), a crise chega das conversas telefónicas e por comentarios na rúa, mas vivo isolado, sen lamentar o estar desinformado porque tampouco así son o xoguete dos donos das ideas, só deudor da miña benpensante formación de ateo conciliador buscando a igualdade en cada ser humano, levando bastantes decepcións, ou confirmando que hai seres humanos demasiado humanos, mas cada un é un mundo a parte, sen que o mal de un contamine aos outros.

E xogando coas palavras, coas línguas, coas normativas do galego, facendo o que me peta, poñéndome o límite de non escarallar tanto un texto que só chegue a entendelo eu. Antes de falar o francés, que foi bastante tarde, sempre me pareceu pedante ver no medio dun texto palabras noutra língua como para darlle categoría ao escrito, ou para locimento do autor; fora unha vez, nun ensaio de Ramón Piñeiro, ou de García Sabell, je m'en souviens plus (aí o tes), que estaba cheo de citacións en inglés, francés, italiano, alemán... e só había traduccións para o alemán. Aquilo non me ghustara nadinha, se estás tan tan arriba que os simples mortais non chegamos á sola do zapato do teu intelecto avantaxado, pois... fica ai no ceio, e que che vaia ben. E eu qué, son pedante? Non, só un chisco presumido, como todos? Eu só respondo por min, que xa teño complicación abondo (como dixo un día un ser unicelular, que darwin teña na sua glória). Iso, xogando coas línguas. Se non te decataches aínda, agora xa cho digo eu, as línguas son a miña... non, paixón non é a palavra (à posta com v) máis bem frustración, quédalle mellor. De todas as línguas nas que me rebocei, con máis esforzo que resultado só podo dicir que o francés, oui, ça va, pero daí a dominalo vai unha galaxia (ou duas se son pequenas). En fin, usei este blogue para desafogarme ortográficamente.

Seguindo aquela máxima de “para que te queiran, quérete ti primeiro” comprendín que para que o contador de visitas fose incrementándose era preciso que entrara eu a miudo, non podía deixar unha tarefa tan importante en mans de descoñecidos, así, o avultado do contador só era mérito meu, que son o meu primeiro visitante, con diferencia. Despóis ven Anabela, claro, agora bastante abandonada que a deixei, as loitas do profesorado en Portugal ocúpalle boa parte da casa.

6 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Ando abandonada, ando, por ti e eu própria abandonei um pouquito este blogue que ando no meio de uma luta encarniçada com o governo merdeiro do meu país. E só baixo os braços quando a guerra acabar que sou um danado dum escorpião.
E amanhã lá marchamos outra vez sobre Lisboa, onde se acoitam os políticos de letras muito pequeninas.
Quanto a ti, lutador como és também, tens-me dado alguns dos poucos prazeres de leitura blogosférica sem que seja mais do mesmo.
"Usei este blogue para desafogarme ortográficamente."
São palavras tuas e eu digo-te que o fazes muito, mas mesmo muito bem!
E digo-te que também o uso para desafogar-me.
Beijinhos e obrigada.

Ra disse...

Oiga, cuente usted conmigo :)

Los contadores también son una manera de hacer turismo.

rui disse...

Conto contigo Ra, gustame o que escribes e gustame que venhas incrementar a cifra do contador.

Anabela, quanto prazer! Mil beijinhos e avante com a luta. Muito obrigado pelos elogios!

Anónimo disse...

tes unha leria da virgen, todo divagacions ata chegar o ultimo parrafo que si que me encanta, e me fai reir que non e pouco;
ata mais ver

Anónimo disse...

what is this!§!§
pois unha estrela mais

Anónimo disse...

e isto ,outro desconhecido que me dis estrelinha, mandoche flores
de contadores desesperados