sábado, 17 de maio de 2008

The last tragedy


En días como hoxe... compraría un billete de avión para marchar correndo de aquí, e deixaría todos estes coleccionistas de informes sen traballo, perdidiños, a colgharse medallas de plástico, créndose almirantes de barquiños de papel. País de señores ministros! Qué ben falades para o nada que sabedes. E logo o taxi que chegou unha hora tarde, e despóis o café apareceu na mesa tras corenta e cinco minutos de espera. Tiña compras que facer, pero me dixen, deixa quedar, non me arrisco a máis decepcións por hoxe, pero si, sempre pode todo torcerse máis e máis aínda, porque chegando a casa xa tiña en mente rematar con media botella de martini que me quedaba, pero... porca miseria, só había para un vaso! Polo menos tabaco non me falta, non todo ía ser desgraça.

Ah, hoxe foi, é, o día das letras, aínda que debera dicir "El día de las Letras Jallejas", esforzos para que o enfermo terminal non a espiche e nos anexionen a Castela. Castellanos do Porriño tratade ben aos portugheses, cando van, van como rosas cando vén, vén como eses!

É que hoxe todo é fel, debeu romper ese saquiño de veleno e agora me circula polo sangue inundandome o corpo todo. Puah!

Biquiños, saúde e mil anos máis para a nosa língua! (ou dous mil)

3 comentários:

Anabela Magalhães disse...

E ainda bem que só havia para um copito!!!! D)

zeltia disse...

Mira tí, 2 anos xa!
Pois dubidas se irás vello, cando o vaias non o dubidarás!, e mira que andas, canta envidia me das, eu cánsome -xa cho dixen- pega ganas de erguerse do sofá e marchar andar agora mismo!
:-)
(onde vai que non atopo eu un libro que me enfeitice dese xeito que comentas tí co teu)

Destes posts que estou lendo agora (maio 2008) gustoume moito o do encontro erótico na cidade esa sen nome.

rui disse...

o do encontro erótico tamén me gustou a min! ja, ja.
Ese post escribírao despóis de escoitar Berlín, de María Lado, unha marabilla, teño que buscar nos correos daquela época para pasarche o enlace ondes podes escoitalo ti (se non o coñeces xa)

Ah, María Lado é a do blogue Casatlántica, téño o enlace na miña lista.