quarta-feira, 14 de maio de 2008

A sorrir

Hoxe foi un día excepcional, mesmo se tiven que erguerme cedo de máis e traballar coma outro día calquera.

Claro que hai que ter en conta o historial, que este día non nace da nada, e había outro onte que se foi preparando ata que o pariu. Foi que estiven festexando o xoves, por ser véspera de venres, así de simples, como todo o bo. Botei unhas horas enchendo o cinceiro e baleirando a botella de ron (mágoa!) mentres falaba cos amigos e escribía trapalladiñas.

Ao me deitar, no estado catatónico no que me atopaba xa nin baixei a persiana do cuarto, así que esta mañá, antes de soar o despertador ás cinco e cuarto, xa estaba o dia a chamar nos cristais da ventá, pero chamaba amodiño, non batía cos cotenos do sol, ía aparecendo unha luz tan suave, tan delicada cos meus ollos recén abertos que foi todo un pracer saltar da cama. E cando baixei e saín á rúa xa tiña un sorriso na cara, mesmo se a cabeza estaba resentida, mesmo se durmira pouco, filís! cando saiu o sol xa estabamos chegando a Reghaia, e como daba de frente axudábame a manter e disimular tanta felicidade.

Conseguín voltar pola tarde a casa, logo dunha boa camiñata dunha hora, co sorriso aínda fresco e ao prender o ordenador topei un manifesto da alegría de viver metido nun bote de crema solar que lle botou auguiña de maio por riba e o fixo medrar aínda máis.

Sempre me digo que un día destes vou coller a caixa da ferramenta e a soldadura, e con catro ferros vou facer a máquina de copiar os días, e de un coma este vou tirar centos de copias para espallalas polo calendario adiante.

Para quen queira sorrir aí vai o enderezo

Está em inglês, legendado em espanhol, porque por desgraça ia dizer que antes pasará um camelo pelo olho duma agulha que eu aprenda a falar em inglês, acho que pior aínda, o camelo terá tempo de aprender a coser e a bordar com esa agulha, e eu seguirei ignorante. Mas a sorrir!

5 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Não subestimes as capacidades de um espanhol para as línguas!!!!Peço perdão!!! Esqueci-me que tu não és espanhol e sim galego...o que faz toda a diferença!

rui disse...

Se falamos de pecados, eu sempre senti enveja da capacidade dos portugueses para falar outras línguas. E agora dos argelinos! É que não tenho perdão, sou pecador!

Anabela Magalhães disse...

É, de facto vocês têm um ouvido durito, não?
Deixa para lá... preferia a vossa alegria e a vossa garra! :)

rui disse...

Peça, peça desculpas!
Nem só me chama espanhol
que também me di de ouvido durito!
como nós dizemos "mi madriña!"
É brincadeira. Aprecio as suas objeções.
Saúdos.

zeltia disse...

Xa sei que che dixen que non che ía inundar isto a comentarios, porque non tés tempo, (non te sintas obligado a lelos, e moito menos a contestarme algo ó caso)
pero non podo evitar dicr algo aquí con este post que destila alegría de vivir (eu coido que nunca conseguin que me durara esa alegría que nace do mesmo pozo de onde verte tamén esa melancolía misteriosa; pero sí que o sentín por anaquiños de tempo, e repetía; e a ver logho se colles a caixa das ferramentas e construes ese aparello, e dempois préstamo tamén, non sexas egoísta)

mandeille o vídeo ó meu fillo, (que é o pobre un agonías, e eu sufro de velo que non disfruta e que afoga p0or todo, coño coma facía eu tamén, alá quedaron tantos dias verquidos no desagüe)