Xa encarguei unha botelha de Cacique vía Madrid, chegará o sete de xunho, pero mentres tanto os caldos do país vanme facendo companha, estes vinhos musulmáns, filhos do pecado, están óptimos, e como hoxe é véspera de week-end comecei esta amizade mercenaria coa botelha, doulle poucas horas de vida, o bo sempre é breve.
E levaba uns días de desconexión, marchara trabalhar a Annaba, preto de Túnez, e Constantina, a das sete pontes, e qué é o que vin...? pois o talher (a oficina) e umha habitación de hotel cuns olores inesqueciveis, ah, tamén topei un bar onde Belqacem e eu tomamos umha cura de cervexa. Mi madrinha! cánto trabalho! E cántas horas de viaxe!
O melhor destes días? Os miles de cigonhas que vin durante a viaxe, ténhenlhes nas torres de alta tensión umhas bandexas onde fan os ninhos, todo un pracer para quen goste dos bichinhos, coma min. Impresionante. E as paisaxes do leste do país topeinas máis fermosas que as do caminho de Orán. Por fin crucei a Cabilia, terra de homes orgulhosos da sua cultura. Algún día irei a Tizi Ouzu, agharrar unha boa, en memória de Matoub Lounés, que conqueriu coa sua loita facer do Cabil a segunda lingua oficial de Arxelia.
Hala, boas noites, vou facer un ovos fritidos para que o vinho non se deprima ao verse soinho no estómago.
3 comentários:
Pois chim-pín, logho!
Grazas polos consellos, mirarei esa música para que me faga compaña. De cine non che entendo moito, pero onte, pensando neste longo sábado merquei un filme, La vita è bella, só guiándome pola foto da portada (tivo o gran premio do xurado hai dez anos en... Cannes)
Veña, a ghosar no Porriño!
Fellni, tes que ver a Fellini. Roberto Benini é un pesado. as súas pelis sempre son iguais. La vita é Bella de todos xeitos é un clásico así que supoño que non está de máis que a vexas. pero Fellini! ese si que non defrauda.
estame quedando pena de non ter probado ese viño. eu soche moito de viño!, gústame ás comidas; pero tamén tomar unha copiña somentes para saborear, mellor en compañía craro, pero se non hai compañía que haxa viño!
lástima que me fai mal, non é que me emborrache, que xa antes de chegar a borracha me poño enferma, debe ser o meu fígado que non o cola ben... e se é ron e esas bebidas fortes, xa para o hospital.
Pero co viño, imos eu mais él tomándonos a medida.
E gústame explorar outros gustos e retrogustos.
:-)
Enviar um comentário