quarta-feira, 4 de junho de 2008

O soño

Veu a xente de Mos e Sanguiñeda para me facer sair do tobo, e foi así que percorremos media ducia de bares da vila. Á final houbo que volver a algún deles recoller o portátil, tiñamos tanto do que falar que xa nos esqueciamos del. Ben, pero isto só é o histórico, o que quero contar é o soño que tiven despóis deste encontro, porque levo tempo sen soñar, ou se hai algún é tan insignificante que se dilúe antes de quitar o pixama. O desta noite si que foi diferente, e volveume ás dez da mañá mentres ía cruzando a ría no barco.

E foi que eu decidira tomar unha pílula para morrer, aínda que no soño non aparecía esta palabra, non daba medo, nin angústia, nin ningunha das sensacións que causa a morte, e xa non era a primeira vez que tomaba algo parecido, xa tragara comprimidos similares en duas outras ocasións, mais daquela o efecto tiña sido só temporal, apartarme da vida durante un período. Desta vez o colega arxelino que me pasaba o fármaco dábame a dose necesaria para que o resultado fora permanente. A decisión que tomara non fora dada por ningunha desesperación, era como se xa todo estivese feito e me botase na cama a esperar que o sono chegase. Ben, inxerín o remédio e púxenme a escribir (con caneta e papel) esperando que o meu corpo fose perdendo as forzas e pouquiño a pouco me fose apagando, desaparecendo sen dor, pero escribía e escribía e non chegaba a morte, só unha pequena debilidade nos brazos, e comezaba a inquietarme e a pensar que ao mellor, quizáis podería ter aprazado a data da desaparición, e esta preocupación foi medrando e medrando até me facer preguntarme se podería dar marcha atrás, se aquilo era certo ou só era un soño... até me facer acordar. E xa desperto pensei se aínda estaba a tempo de evitar a morte, e souben que non, que aquel medicamento xa principiara o seu efecto e paseniñamente iríame minando, conseguindo un día chegar a martarme de todo.

9 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Dizem por aqui, Rui, que sonhar com a morte é sinal de vida! :D
Mas que raio de sonho!!!
Acho que tenho sorte... praticamente nunca me lembro dos meus...

Raul Martins disse...

Será isto uma parábola da vida? Que nos vamos desgastando (desaparecendo) a cada dia? Que os sonhos também vão desaparecendo?

Isto parecia um filme de "terror"! Começamos a ler e vamos por aí abaixo sem parar. Mas ainda bem que há mais "dez da manhã" e mais "barcos" para nos levar pela vida fora e que os sonhos não nos faltem. Sobretudo os bons sonhos.
Mas que nenhum traga a data da "desaparición"!

E Anabela, será sorte não nos lembrarmos dos sonhos?

Anabela Magalhães disse...

Sei lá Raul... como não me lembro deles, dos que tenho enquanto durmo, não lhes sinto a falta. Em contrapartida... em contrapartida, sonho "de carago" acordada!
Gostoso...

Raul Martins disse...

E esses são os sonhos que mais interessam, Anabela.
Carpe diem!

llll disse...

hostias, eu nacín en Sanguiñeda. dalí de toda a via. inda que logo me mudei a outro barrio, lévoa no sangue.

hostias

rui disse...

Disculpem a aussência, mas as férias tinham-me ocupado!
Com certeza que quando um já sonha desperto depois durmindo há menos matéria. Eu também sou bastante sonhador! (quem ia dizer!)

rui disse...

Os xigantes...
O de Mos queda alá, pero o colega de Sanguiñeda vai vir vivir cerquiña daquí, imos traballar xuntos. Mira ti por onde. Dous galegos convertidos ao islam (só é polo da promoción das catro mulleres)
um saúdo

Paz Zeltia disse...

Non sei se foi soño ou é un relato inventado. Inquietante coma un mal soño.
Púxome a pel de ourizo esa frase final.

rui disse...

Si, Zeltia, fora un soño, xa o tiña esquecido, só agora ao recebir o aviso do teu comentario no hotmail voltei a ler o post e xa o recordei como se fose onte á noite, si, fora un soño certo, só que a última frase non a soñara.