domingo, 15 de fevereiro de 2009

De Flaubert a Khadera

Todo esforzo ten recompensa, e mira que desta vez me custou collerlle o gusto, botei as duascentas primeiras páxinas lendo por inercia, sen convicción, sen interese, coa dificultade engadida da língua do século XIX e unha letra pequeniña para alegrar a vista, mas logo me arrastrou a historia e volvín todos os días ao hotel con ansia de seguir a vida de Fredéric, no medio desa época tan turbulenta, as revolucións, a república, os amores escondidos, utópicos, a mala xestión da fortuna familiar, unha vida ociosa a comer do capital herdado... finalmente o Flaubert sabía escribir, será por iso que centocincuenta anos despóis aínda hai libros del nas librarías.

Para tapar o burato que me deixou, saín á volta da esquina na procura de máis alimento e atrevinme co autor do país, Yasmine Khadera, e din no branco (ou no alvo, sspd) onte non era quen de apagar a luz para durmir, qué ben se situa un en Arxelia ao lelo, mallado.

E como se me acaba a batería do portátil xa publico isto sen máis volta nin revisión. Coas faltas de ortografía que nos fan máis humanos.

6 comentários:

rui disse...

Ben, máis humanos ou máis ben que deixan ao aire a nosa ignorancia. O autor chámase Yasmina Khadra. O libro xa o rematei hoxe no tren de camiño a Arxel. Quedei impresionado, vou continuar con outros libros seus.

Raposo disse...

é unha ledicia atopar libros que non deixan satisfeitos, eh!!!

rui disse...

Hei, Raposo, que razón tes, este deixoume escarallado, porque fala do que pasou neste pais nos noventa e mete medo, e axuda a comprender esta sociedade, e mesmo a querela un pouco. Quizáis se tivese lido isto non tivese vido a Arxelia, alégrome de lelo agora.

angel ppog disse...

todo moi do meu parecer menos o de que todo esforzo ten a sue recompensa.
a recompensa do esforzo e o propio esforzo , sabendo que podiches con el pensaras en esforzarte mais a proxima vez.
non hai como remar e remar pra morrer na praia , recompensa conseguida.
besitos

rui disse...

O esforzo foron as duascentas primeiras, as trescentas últimas foi pracer. Logo saín gañando, pero como o importante é participar...

Anabela Magalhães disse...

É isso, Raul, comigo aconteceu quase o mesmo!
:)