domingo, 1 de fevereiro de 2009

Miliampérios e microfarádios

Aproveitando o insomnio, mal que me foi descoñecido até ben pouco, collo o computador, le micro, como lle chaman no país, para librarme do peso da manta, en canto pecho os ollos seméllame unha lousa de cen quilos apoiada no peito, e se me fai difícil respirar.
Ben sei que non é a roupa da cama a que me aplasta, aínda que sexa ben gorda, senon as toneladas de hipocresía que teño que sufrir e ás que non lles encontro xustificación ningunha.
E como fun educado entre miliampérios e microfarádios, entre óhmios e vóltios, agora que tanta falta me fai decátome que non teño a (debera dicir carezo da) retórica precisa para defender as miñas liberdades máis fundamentais. Claro que sempre as vin tan consustanciais coa natureza do ser humano educado que nunca precisei elaborar ningún tratado onde razoar a necesidade do seu respeito. Pensei que chegado á idade adulta e unha vez superado o período natural de conflito cos pais, que van soltando a corda até que xa é cada un gobernante de si mesmo, esas liberdades non volverían ser postas en entredito por ninguén.
Mas non é así e atópome en situacións insospeitadas onde hei de facer un esforzo sobrehumán para facerlle comprender ao inquisidor de turno que os principios básicos non se negocian, que un vén de série con eles e non é possivel reducilos por cocción prolongada nin traducilos a unha língua na que ocupen a metade de espazo. Neses momentos boto moito de menos a elocuencia que faga entrar por algunha fenda da sua coiraza de prexuizos a necesidade que ten de me respeitar igual que eu o fago con el, con calquera home co que trato (porque con mulleres, aquí, prácticamente non hai trato).
É esta lousa a que se me pousa enriba do peito cando me deito e hei de facer unha forza contínua para sostela e seguir respirando, sempre teño medo de durmirme e morrer afogado de inexplicación.

2 comentários:

Anónimo disse...

rapacino , rapacino eres un ser inocente esas normas que ti consideras afastadas de ti e a sua aplixcacion feita por xentes hipocritas estan non pa ser seguidas sinon para ser recordadas no momento oporti,o e queimar a quen o de turno lle pete que por ser incumplidas non son menos fortes sino mais por que nunca se sabe onde vai caier o pau.
forma de control coma calquer outra aqui ainda non saben manexar a xente con psicologia de masas cousas do atraso que levan en todos os sentidos, deixaos medrar chapolin; o unico que ben de fabrica e o pelo e pouco ,
ata outra

rui disse...

Claro que son inocente, pero tópome ben así. Je m'en fiche du modèle à suivre. Cada quen ten que buscar o seu equilibrio.
Xa sabes que eu respecto a sua cultura mas gostaría dun respecto recíproco para a miña intimidade e basta que te encontres cun par de tipos que usan da relixión para levar a auga ao seu rego para que se me amargue a existencia.
Que che vou contar a ti, mon amour!