quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009

Soirée elle et moi (hiya w-ana)


Temendo a hora na que a botella de médéa non solte máis unha gota de viño.

Tantas veces que quixen agarrar con forza o móbil arxelino e contra unha parede de pedra reventarlle os recordos todos, e o teu número, e tantos outros, desaparecendo en cachiños de plástico espallados polo chan, cousa de porlle unha válvula antirretorno, ou un diodo, aos camiños que abren as botellas de tinto, que todo terxiversan, mudando o orgullo en ousadía.


2 comentários:

A Conxurada disse...

Non lle botes a culpa ao viño...os recordos teñen a culpa.

rui disse...

Pero sen recordos non somos nada, así que é máis doado botarlla ao viño.
Biquiños