sexta-feira, 15 de maio de 2009

Mariamadalena

Prometo volver erguerme ás oito en venres, e subir a persiana para que se cole un chisco do sol que xa desnuda a rúa, para descubrir con agrado que o cuarto daquel hotel picadeiro non era tan miserábel como se me aparecía logo duns meses de ausência. Como é a mente! sempre mente.

Prometo volver emborracharme sen medida e pasear pola rúa, de novo, collido do brazo con el a cantar as cancións dese país inexistente fora da imaxinación, aínda a risco das pedradas que recibe a miña ilóxica maneira de viver. A tua boca me condena a ser o teu oposto. Toujours.

Vale, vou prometer e prometo que seguirei buscando coas ferramentas da miña desnudez mesmo nos buratos onde a luz non entra nin de noite, apalpando corazóns na sombra, agardando o milagre de descubrir outro náufrago à bout de souffle. Suecia sempre foi un bo destino para conxelarlle os camiños ao desespero. E a porta deste cuarto de hotel aíllanos por unhas horas, para que as nosas bocas se tomen o aire, sabéndonos a salvo por unhas décimas de eternidade.

Xuraría, se a miña irrelixión non me tivese proibido a fórmula, voltar erguerme no venres magrebino ás oito da mañá, para baixar polas escaleiras que arrecenden a café, recoller o pasaporte, sair á rúa, xa desnuda coas roupas de domingo, amosándolle os dentes bêtement, cun aire de bonheur un bocadinho gilipollas. Sempre é así, extremismo do dente de serra, sobe-baixa a morderme a carne abrindo os camiños da vida.

Y, cuando suban las bebidas,
el doble de lo que te pida
dale por sus favores,
que, en casa de María de Magdala,
las malas compañías son las mejores


Sabina (por suposto)

5 comentários:

Raposo disse...

Por Sabina e, sobre todo, por Maria Magdalena eu tamén estou disposto a xurar o que faga falta.

Ra disse...

Guau :)

angel ppog disse...

vou consultar coa Maria, preguntarlle si as decimas eran horas o dobre do que pida unha expresion da sua miseria(economica°) cartos que te deixan mais abaixo , etoile de carton para o neno, "membro" distinguido e distinto dissentido esixente director de obra que esixe compromiso , sinceridade unha boa posta en escena a cambio do menos posible materialmente hablando .
pelicula de escenas fixas mil veces repetidas hasta el hastio imposible espontaneidad o frescura llamemoslo asumir el papel y punto
representacion digna kjvlkhimuqj

rui disse...

Cando tenha un teclado qwerty responder-te-ei: de paso terei o tempo de buscar os argumentos contra unha mente tan pragmàtica, non te vou cambiar; nin ti a min

ras-le-bol, xa debo ir vello; non me adapto ao teclado

angel ppog disse...

a tua mania perfeccionista faite dominar a perfeccion o que fas pero limitate para o cambio poraue o non facelo perfecto rapido e limpîdo xa non o queres, qwerty ou non , non vai berrar de gusto cando o toques ou si por mor de facerse querer pola tua deidade "principe das querencias" (isto e chanza xa o sabes besitos)