quarta-feira, 28 de maio de 2008

Agradecimentos


Agradezo inmenso todas as visitas e sinto non poder responder extensamente a cada un por falta de tempo, esta semana paseina case toda en Orán onde me conectei un par de veces só para ver, porque a lentitude non daba para moito máis con aquel ordenador. E agora estou a preparame para voltar á Galiza unha semaniña. Si, vale, vivo no Morrazo, aínda que son do outro lado da ría. Não tenho ascendência portuguesa mas os da miña área sempre tiverão muita relação com o norte de Portugal, e sim, estudei a língua um par de anos, até que nasceu a minha primeira criança, então tive de abandonar, porém o meu coraçãozinho ficou namorado dela para sempre (da minha filha também!). Tive um professor maravilhoso na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, já há mais de dez anos disso, com ele aprender-ia mesmo o chinês! pena que não ensinasse também o inglês, ainda estou no to be to have.

Agora, como a maioria xa sabe estou a traballar en Arxelia, e teño bastante tempo libre que uso para escribir, sen moitas pretensións, e tamén burlando un pouco as normativas, e misturando, explorando as posibilidades, saboreando por veces a nosa língua cunha grafia mais próxima do portugués, como debera ser dada a sua proximidade. Xa dixen no primeiro textiño que escribín aquí que o importante do galego é que sexa fértil, e se se escribe en reintegrado ou coa normativa actual, tirando ao castelhano, non ten moita importancia. Xogo gozando dos lh, dos nh, dos ç, dos j, dos hífens.

Qué máis? Ah, tamén me ghusta escribir ás veces en francés, máis que nada para praticar un bocadinho, e si, algumha trapalhadinha puxen en euskara, seguro que a maioría son aberracións gramaticais, porque o quero muito pero o conheço pouco, o amor éche o que ten.

E fiquei abrumado con tan bos comentarios que todos fixestes. Non se merecen!

Ben, e a todo isto... a qué vén a foto de arriba? pois nada, fíxena en Orán, gustoume e aquí vola deixo. Dálle un aire de solemnidade da hóstia.

Beijinhos, que tenho que preparar o jantar e fazer a mala para amanhã. Alegria e vinho para todos... ou chá.

6 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Pois para mim será chá! :D
Os elogios foram bem merecidos, galego. Andamos este tempo todo por aqui, uns silenciosamente, eu fazendo um bocadito de barulho... e por cá continuaremos a acompanhar-te as letras e os passos e o mais que tu quiseres partilhar.
Bom regresso a casa.
Bjs

llll disse...

pois se andas por compostela non te perdas a Ultranoite Balan na Sala Nasa, este xoves, venres e sábado ás once da noite. cabaret do bo en honra ó grande comedor de fanecas, do home orquestra. si, o mesmo que dixo un día "un hombre pobre y sin dinero no deja de ser más que un bulto sospechoso"

(un dos videos que se porán é unha sorpresiña miña)

e que disfrutes da viaxe. os do Morrazo sondes xente revirada, pero boa xente ó fin.

;)

cousas dos límites fronteirizos, xa sabes. como Portugal e O Porriño. só que eu nunca fun moi porriñenta, por iso sempre lle tiven moito respecto ó portugueses, non só polo idioma. pola papatoria, polas durmidas á beira do Minho. mais esa é outra historia, meu.

Raul Martins disse...

Para mim será vinho, só uma taça.
E que continues enamorado da nossa língua que quem agradece somos nós.
Eu também nada sei de Inglês, infelizmente. Aprendi o Francês e o Castelhano porque estudei um ano em Granada. Mas o Inglês faz-me muita falta.
Certamente que já estarás pela Galiza. Espero que tudo tenha corrido bem e que passes por lá uma boa semana.

Carpe diem!

rui disse...

Já lá estou! já lá cheguei! cafecinho no me favorito, o brasileiro, lendo o jornal, e de passeio a molhar os pes. Um prazer, de novo na Galiza!
Non, non irei por Compostela (aquela cidade) ficarei aquí, foliada esta noite, reencontro coa gaita e o cacique!
Contente de que vocês estejão ai!
Beijinhos

Anabela Magalhães disse...

Fica bem.
Aqui pelo meu país pequenino a blogosfera está em polvorosa!
Parece que há gente incomodada com o poder e a força dos blogues... Kakakakaka...
Bjs

Paz Zeltia disse...

parece que había xa por aquí alguns lectores e lectoras seguindo as tuas entradas (e as tuas saídas)
:-)

hoxe deixo a lectura deo teu blogue xa... lástima agora que estou metida na lectura...!
(por veces esquéceme que xa é pasado, e que xa estás en Galiza)

ata outro día, unha aperta fresca, a 2010!!!