domingo, 28 de setembro de 2008

Inestabilidade e utopias

coido que foi antonte, pois lino hoxe no Watan de onte antes que viñeran abrir o taller, un grupo de fulanos, case nada, uns corenta ou así, baixaron das montañas lindantes coa wilaya de Tipaza (aí estiven) e nunha vila da wilaya de Aïn Defla (aí durmín) atacaron un posto de control da policía, dos que hai normalmente na entrada de todos os núcleos de poboación, ían ben organizados, vestidos de paisano, uns cortaron o tráfico e outros foron a por os que facían a garda, mataron un policía e feriron dous, houbo un tiroteo de tres pares de cañóns, imaxína, corenta ghichos con armas, contra os catro ou cinco que soe haber por barrage. O mes de agosto foi moito peor, eu estaba na Galiza de vacacións e lin no País a cantidade de atentados que houbo, un deles no posto de policía dunha praia á que fora en xullo. Normalmente na capital non soe haber nada, hai máis contróis pola rúa que paradas de bus, quitando o primeiro ao día seguinte de chegarmos, en decembro do ano pasado, non volveu estoupar ningún iluminado, máis nas wilayas do leste, Boumerdès, Bouira, Tizi-Ouzou, hai bastante actividade. Por iso en Constantine nos tiñan tan protexidos (asustados). Seica ía vir a polícia escoltarme até ao aeroporto e o único que vin foi un, cando xa levava duas horas agardando polo voo, que me veu preguntar se era eu a persoa que levava escolta (sería invisible!). Normalmente na capital e en Orán non hai problemas, mas noutras rexións o tema da violencia dos integristas relixiosos está moi lonxe de desaparecer, non se lle dá moita publiciade na prensa, morre un gardabosques e aparece unha notiña pequena nunha páxina das do interior. O estado quere dar unha aparencia de normalidade, é malo para os seus negócios a inestabilidade. Porén agora está o país de marabilla, nos noventa foi moi duro, non son os avós que foron á guerra, é xente máis nova ca min que me conta o ambiente, o estado de excepción, o que te encañonaran confundíndote con un a quen querían matar, os contróis na estrada que nunca sabías se era a policía ou os outros quen te paraban, e de como a selección que facían ao principio de só atacar obxectivos estatais se foi ampliando até chegar a un desenfreo de sangue onde ...

Aquí vou cortar, que se fai moi longo. O cacho que falta póstoo outro día.

9 comentários:

Meninheira disse...

Perdoa que me vaia do tema pero recórdasme tanto a unha persoa que coñecín "noutra vida" co alcume de Pércival que me tes presa do teu blogue intentando atopar unha pista que me faga resolver este enigma :)

Anabela Magalhães disse...

A insegurança e os atentados são uma constante na Argélia. Por isso ainda não pus aí os pés e no Egipto também não, apesar da enorme vontade de ir a um e outro lado.
Marrocos também não está imune, aliás nenhum país está, mas Marrocos é home para mim.
Cuida-te.
Beijinhos
Fica bem

rui disse...

Meninheira: non creo que fora eu o teu cabaleiro da outra vida, (case sempre me chamaron Rui) para saires de dúbidas vai ao mes de xullo, alí postei unha foto miña (duas vistas parciais)
Anabela: Estando em Argel tens a impressão de que todo isso do terrorismo está muito longe mesmo se a cinqüenta quilômetros de aquí já é zona quente. De todas maneiras o pais não está preparado para o turismo (nem só a causa da violência), ao cotrário de Túnez e Marrocos. O que me assombra é o da Líbia, não sabia que fosse tão fácil de visitar.

Meninheira disse...

Pois non, non eras tí, ainda que fai séculos que non o vexo sería moita mudanza ;)
Unha mágoa porque xa tiña eu a esperanza de atopar a aquel Roi.

Pois nada logo, saudiños dende a terra :)

rui disse...

Está ben, así sempre podo dicir que non hai outro coma min! (xa me asustaba que foramos dous iguais)

Pois saúdos dende Arxelia, Meninheira

Anabela Magalhães disse...

Não é fácil visitar a Líbia, Galego.
Pelo menos em 2004 não foi. Preparei a viagem com muita antecedência. Precisas de um convite para entrar de alguém de dentro, tens de andar com um polícia para todo o lado. As infraestruturas para receber os turistas são, muitas vezes, precárias, mas a verdade é que eles são uns amores, e o deserto, na Líbia, é surreal.
Quando quiseres ir avisa. Ponho-te em contacto com o Sahel. Um bom amigo que lá deixei e que já tive o privilégio de receber aqui mesmo de onde te escrevo.
Beijinhos

rui disse...

Pois sim que lhe tens carinho às areias do deserto para superar tantos trâmites sem te botares para trás. Eu não sou tão viajeiro como tu, sobretudo não gosto de chamar a atençao, se faço turismo adoro estar como uma pessoa mais desse lugar, não como um japonês. E desfrutar do passeio e da beleza das coisas no anonimato.
O Sahel já conheço, mesmo pedi uma traduçao de um texto em árabe que ele te tinha enviado!
Beijinhos

Anabela Magalhães disse...

Ok. Sempre às ordens, Galego.

Anónimo disse...

queridino meu perdoa as faltas de ortografia e a critica que te vou facer pero todas as cousas que contas dan se por sabidas son superficiais e non pasan de ser un anecdotario no que nin siquera se te adivina.
gustariame ver algo de ti nas tuas verbas, a foto carece de valor xa que non vas aparecer na tele quero verte nos teus escritos fora de algun deja vua.
Iso aparece cando un busca o conecido a seguridade hai que buscar novos sentidos, ,;,novos paixases nacementos sen pai nin nai dunha burra catro pallas e unhas ouvellas naceu o fillo de dios.
carinitos