Ao final non teño que baixar ao porto pola noite a facer cola e esperar ata que o último pasaxeiro embarque para saber se hai un sitiño para min. Rebéntame esa incertidume e a prespectiva de ter que voltar coa mochila a casa, fracasado. Por sorte apareceu unha praza nun voo de Aigle Azur, a París, qué máis ten, o caso é sair, xa me arranxarei logo para ir a Madrid, e logo a Galiza.
O primeiro día de ramadán sáldase cunha sede angustiosa, non é que eu estea a respeitar a coresma musulmana, é que son gilipollas; o caso é que pensando que hoxe marchaba estiven onte a rematar a botella de ron, e claro logo erguinme tarde e saín da casa a correr e só levei medio litro de auga que administrei como ben puiden ata que non houbo máis, e suei como un cabrón. Non comín, nin me importa, ao chegar a casa ataquei todas as botellas da nevera: auga, fanta, zumo, leite, estou ansioso, bebo e bebo. E fumo, esta mañá fíxeno ás agachadas. Dentro dunhas horas, ás sete, na penúltima oración, as rúas baleiraranse e será unha festa en cada casa.
(e mañá levarei tres litros de auga na mochila, e un bocadillo)
2 comentários:
Segundo o estipulado para o Ramadão és já um homem pecador. Logo no primeiro dia! Bom, né?
Ah! Também assinalei esta data no meu blogue.
Beijinhos
já o era antes!
Enviar um comentário