sábado, 27 de setembro de 2008

Ruínas á beira do río

Mágoa non ter cámara de fotos desas de moitos megapíxeles para facer ampliacións das ruínas á beira do precipício. O móbil é máis discreto mas os resultados non son os mesmos. En fin, outra fotiño na mesma cidade das pontes sen pilares. E falando de pilares, este ano, aos galegos, o pilar venvos sen pontes. Para min será a semana próxima o festivo, a festa do Laid, a fin do Ramadán (sen uvas que vendimar!)

4 comentários:

O Raposo disse...

Independientemente dos megapixeles,
ver esas construccións a beira do precipicio si que impacta.

Meninheira disse...

Qué cidade tan fermosa!!

que fai un galego por esas terras? vai ser verdade isso de que hai un na lúa :)

Anabela Magalhães disse...

Não esquecer o português. Também há um na lua de certeza!
Quanto às fotografias estão impecs!
Belíssima cidade.

rui disse...

Raposo: o que debe ser impactante é vivir alí, colgado daquelas pedras. A parte diso é moi cómodo para desfacerse do lixo.

Meniñeira: pois nada, que a empresa sacou un proxecto por aquí e quería coñecer este lado do mundo. Se hai un galego na lúa non o coñezo, vamos, que da miña familia non é.

Anabela: com certeza que sim, mas é possivel que esteja pela outra cara da lua, porque já tenho observado pelo telescópio e não vi sinais dele.