quarta-feira, 17 de setembro de 2008

Prémio Brillante Weblog II (e fim)

E a seguir co do prémio, mira que xa pasaron dous días e aínda non rematei co asunto, tócame agora o de nomear eu sete outros blogues. Iso vai ser bastante difícil, visto que son home e seica teño un cerebro de capacidades reducidas, incapaz de facer duas cousas ao mesmo tempo e polo tanto é tamén reducido o número dos que visito. Até hai ben pouco só tiña catro enlaces, si, claro que ía a máis a través dos links deles. Ben, sen atrapallarme máis un daríallo a casatlantica, foi o primeiro blogue que coñecín e me namorou, outro a o cartafol de silencios que me conquistara con este post (shit, non podo enlazalo, é o do 27.01.08), outro a Anabela se non o tivera xa, asómbrame a sua fertilidade, a facilidade con que escribe e porque é unha loitadora que ama o seu traballo, o seguinte para a raiña vermella pola sua elegancia, outro para a conxura dos desexos pola sexualidade feminina sem cortapisas (nunca mellor dito), para graça pires na ortografia do olhar porque é un pracer ler a súa poesía, para a reveladora pola prosa deliciosa (nun dos seus post topei unha foto do meu lugar de traballo!) e para fromhell pola sorna e o aire de vaqueiro que ten.


O que si non vou facer é comunicarllo, pareceríame coma o Festival de cine de Donosti cando lle dá un premio a un actor de renome internacional, simplemente para se faceren eles mesmos publicidade, o actor xa ten a fama ben gañada. A mesma cousa sucede aquí, estes blogues que eu visito son tan bos que non precisan de loubanzas, de feito nalgúns deles nin sequera me coñecen, eu gozo léndoos é o que importa.


Ben, e poñerei o logo do premio na barra lateral.


Beijinhos

4 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Já me ri com a prateleira. Posso copiar-te a ideia?

rui disse...

bem seguro que sim!

sara jess disse...

qué parviño. beijo.

rui disse...

Xa, e qué lle queres, como non me fagha un implante de silicona no cerebro xa non creo que cambie!
Biquiños