sexta-feira, 5 de setembro de 2008

Actualidade

Sonche medio autista no que se refire á actualidade, só leo os xornais cando volto ao país, e a tele pois o mesmo, entón non é de extrañar que non me entere de nada, así tamén sufro menos, porque xa de volta no avión déronme un País e topei unha noticia pequeniña onde un fulano inglés asombrábase que houbera universidades onde fora obrigatorio falar en galego, entendía que en catalán xa era máis normal, porque non hai comparación entre as duas línguas, o catalán é unha língua importante.

Tampouco é que esta nova me faga sufrir moito, porque o tío non o facía con malicia, só con descoñecemento, iso pódese perdoar.

Eu a verdade é que quería pór o nome do ghicho no meu blogue, pero aínda que trouxen o xornal para casa, a folla onde aparecía isto xa a usei para pelar as patacas, eu tamén, sen malícia ningunha.

1 comentário:

Anabela Magalhães disse...

Pois. Kakakakaka...
Pois. Sem malícia nenhuma.