terça-feira, 23 de setembro de 2008
Outono
Pero cómo pode ser que este ano, amáis da primavera, tamén esquecín a chegada do outono! Vexo hoxe os capachos cheos de uvas no blogue do paideleo e (palavrão!) caio da burra, é certo, a vendima, chegou o outono e eu sen me decatar, eu preocupado polo traballo e o día a día aquí abaixo e as estacións van escapando sen que as celebre, sen poder ilusionarme agardando a sua chegada. Afinal poderei dicir, estaba tan preocupado pola vida que esta pasou sen que me decatara. De rapaz era distinto, as estacións chegaban como un estourido e nunca entraban sen que eu as estivese xa chamando, e sobre todo nunca me pasaba coma agora, por veces párome a pensar e xa non sei se é verán ou inverno, ou primavera ou outono, tan, tan lonxe da natureza.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Cando somos nenos non importa o ocupados que esteamos...sempre nos decatamos do que de verdade ten valor...eu este ano por primeira vez non acudirei á vendima....
Eu tampouco estarei aí para vendimar. De rapaces están os pais que cargan con todo isto que de adultos nos afasta do goce das cousas sinxelas. Cando fai un tempo agora para ir ata o faro? E de que vale ir ata o faro, que non trae ningún benefício económico. Cousas así. O remuiño éste no que cada un está metido fai unha forza da hóstia para levarte cara ao fondo.
Enviar um comentário