Mi madriña! Onte recibín de Anabela Magalhães o premio Brillante Weblog! E para celebralo, non foi planificado nin moito menos, tiven á noite unha cea extraordinaria. Unha celebración moi adecuada ao espírito de quen me oferece tal distinción. Normalmente, o evento tería sido reflexado no descenso do nivel da botella de ron, cousas da soidade, cousas do vício! Porén estou fóra da casa, e no mes do xaxún é máis difícil procurarse as bebidas haram, tanto máis en Constantine que descoñezo completamente. O marabilloso é que, e canta razón hai na frase!, non só de pan vive o home, neste caso de ron, e a cea á que me invitou un colega de traballo, na sua casa, coa sua familia, superou con creces a mísera homaxe que tería eu feito co alcool. Era a maida ftor, a mesa da cea do ramadán, chea a fartar, a comezar polos dátiles e o leite acedo, a ensalada, a seguir a chorba, logo (imposible lembrar os nomes) garabanzos con pastas e polo, unhas empanadillas de puré, aceitunas e carne picada, tortilla con perixel, froita, zumo e seguro esquezo algo. A comida non é o que foi o pracer, mesmo se estaba caralluda (salvo o leite acedo), o xenial foi ter a sorte de coñecer unha festa na casa dunha familia árabe, que me tratou como se fose un ministro. E coñecer é comprender e querer (de amar, claro).
Ben, pois o premio recibido fai que estea subido á parra (qué bo son, mi madriña, pero qué bon son!) xa lle dixen (che dixen Anabela) que foi unha inxección de vitaminas para o meu ego, e agora vou estar insuportável, tanto como que onte decidinme incluso a postar unha poesía, como as que facía de adolescente e lle enviaba ás amigas, con rima e así, coma no século dezanove
(unha aclaración, aínda que xa son vello de carallo, eu son do século vinte, o dos dous X)
Un millón de grazas a Anabela, gosto que alguén goste. Xa se sabe, a vaidade ese pecado capital do meu continente.
Istoposto postoisto e logo continuarei coas miñas predileccións en materia de blogues.
7 comentários:
Mas que contente fiquei com a tua celebração! Ceia de Ramadão, acolhido por uma família árabe, provando da hospitalidade sem igual dessa gente que se esmera, esmera! quando tem convidados à sua mesa! Contente e confesso-te que com inveja! A maravilhosa chorba, as tâmaras, provavelmente as tajines... as iguarias de sobremesa... diz-me, Galego, aí também há doces do Ramadão? Fritos, torcidos, empastelados em mel? Ai que já me cresce água na boca!!!!!De resto o prémio é merecido.
Fica bem
A madrinha... kakakakaka!
grazas por compartir tamaño ledicia! somriures dos meus, que me iluminaron a face ao lerche...lercho!
Ben merecido o premio. Aprobeito tamén para dicir que gosto moito do novo papel da porta.
Anabela, sim, também há doces de mel e avelã, muito consistentes para que o corpo se recupere do esforços do jajum, e muito saborosos, já tinha comido em Argel o kalbelouz, mas este outro é uma delícia (manhã pregunto o nome para poder pô-lo no blogue).
Dois acontecementos extraordinários no mesmo dia!
Anònim: com sempre, els teus somriures són una alegria per al meu. Ah, i crea d'una vegada el teu blog per a gaudir amb la teva escripta!
Conxurada, grazas pola visita e os ánimos. Levo días entrando no teu blog e sempre me reciben as mesmas nubes rosas. Xa teño ganas de ler o novo post! Biquiños
Biquiños a todos
Foron tres semaniñas complicadas, pero xa estou de volta, para ler moitos blogues, e escribir mínimo un post semanal.
un bico.
man kann sagen, diese Ausnahme:) viagra online rezept viagra rezeptfrei [url=http//t7-isis.org]cialis rezeptfrei[/url]
Congratulazioni, il vostro parere utile [url=http://lacasadicavour.com/cialis-generico/ ]cialis compra [/url]Congratulazioni, ciГІ avrГ una diversa idea solo a proposito http://lacasadicavour.com/cialis-generico-online/ generico cialis online In particolare non vi ГЁ alcuna
Enviar um comentário