sábado, 27 de setembro de 2008

Relixión e perdas irreparables.

Falando de relixión, da relixión do país, a situación máis violenta é cando alguén pretende convencerte para que te convirtas, así, de súpeto no medio dunha conversa de tres minutos. Iso é duro de tragar e incómodo. O bonito é cando unha persoa che fala das suas crenzas sinxelamente, explicándochas sen ningunha segunda intención, así teño aprendido moito e podo comprender mellor aos musulmáns, no fondo moi parecidos aos católicos, tendo o Antigo Testamento en común, por forza ten de haber coincidencias. Logo souben que o Corán ten tamén un caracter práctico, onde se describe por exemplo cada cantos días hai que se afeitar o sexo, a frecuencia das relacións sexuais no matrimonio, as condicións para ter máis dunha muller... (a verdade é que só recordo as cousas que teñen que ver co sexo, qué se lle vai facer). Mas hai unha forza superior á da relixión, e é o xuizo da sociedade, porque mesmo se cumpres cos preceptos do libro hai situacións non ben vistas polos veciños, por exemplo, o primeiro matrimonio celébrase cunha festa por todo o alto, mostrando públicamente a felicidade da familia, con caravanas de carros percorrendo a cidade, coa furgoneta dos músicos que vai coas portas traseiras e lateral abertas para facer partícipe ao mundo desa celebración. Sen embargo, o segundo e posteriores fanse dunha maneira moito máis discreta, e por qué? iso, que non se mira ben, por moito que cumpras os requisitos das escrituras para ter máis dunha esposa no fogar.

Tamén hai quen che anda de vacile, qué xa falas o árabe, agora só che falta ir á mezquita, e eu entro ben no xogho e respondo que todo ben, pero o de cortar unha parte tan querida do meu corpo, por iso si que non paso, e confundindo adrede a parte a cortar alego que en tendo pouca cantidade pode até ser pecado a mingua. Xa, que se fose de raza negra estaba disposto a prescindir mesmo da metade, mas o pouco que os meus pais me deran pretendo conservalo.

Esta noite tiven moitos soños, froito da inactividade de onte, día de chuva no que non botei o pé fóra, e un deses soños era que me fixeran a circuncisión e ben, ao final non quedaba tan mal a cousa. Por sorte non hai medo que saia do plano onírico.

2 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Bonito texto. Sorri ao ler.
Quanto à religião muçulmana é verdade que tem mais parecenças com a católica do que a maioria das pessoas pensa.

rui disse...

Sim, é na forma onde há muitas diferências, do resto a moral é muito parecida com a católica. Quitando as anedotas das quatro mulheres e coisas assim.