segunda-feira, 15 de setembro de 2008

simbiose impossível

cos corpos dos cadáveres
cubrindo de erva o pasado
dentro de mil lúas quen sabe
quizáis me torne en area
e á fin poidas botar raíces
no que agora só é pedra


quizáis quen sabe se un día
as arbores creen a ciencia
de penetrar minerais
sen os cubriren de fendas.


entón poida que nazamos
novos para a bioloxía
nunha simbiose extrema
nós a beber a luz de ambos
nós a abrir mananciais
sen que ningún dos dous perda

4 comentários:

Ester disse...

Triste a raíz que non deixa fendas e abre cicatrices ao seu paso. Inútil a bioloxía se a ferida se pecha.

rui disse...

Claro que aí tes razón, é unha utopía da adolescencia esa simbiose, entre dous seres tan distintos non pode haber unión sen modificacións nos dous. Pero co tempo as fendas desfán a pedra que non quere deixar de selo, e a árbore pasa a ser leña se non chanta as raíces. Como sempre é cousa de equilíbrios, e para vivir hai que ser un equilibrista de carallo.

Anabela Magalhães disse...

Gostei. Gostei muito. E estás cheio de razão. "Para vivir hai que ser un equilibrista de carallo."

rui disse...

Pois a culpa de que publique isto é tua, noutras circunstâncias não o faría, mas ao me dares o prémio já me atreví a tudo!
Ah e a propósitos dos palavrões (que não queres repetir)já sabes que na Galiza não tenhem as mesmas conotações que em Portugal, digamos que não são tão inconvenientes. (Fizeste-me sorir!)

Beijinhos