terça-feira, 21 de outubro de 2008

Martes, nin te capes, nin te enmarques.

Canso do traballo, canso de agardar volvín a pé a casa, chovía. Cheguei antes que se viñera no taxi, adiantei máis coches que se fora pola autoestrada, un caos de circulación. Tomei unha ducha, volvínme cortar as mans co frasco da loción capilar que me esvarara das mans esta mañá, aínda quedaban cachos na bañeira. Tomei tres cubatas de vodka, o ron xa hai tempo que se esgotou. Logo estiven co computador, fixen unha tortilla triste, non tiña cebola! acompañeina co tinto país e saín mercar tabaco, como dixen no post de onte, a rúa arrecende a flores sobre todo pola noite, un paseiño pracenteiro, e ademáis topei ao tendeiro dando unha volta, xa sei que se chama Amar, ou como se escriba, e aínda pasamos un ratiño a falar, un home moi agradabel. E non lembro o que quería contar... ah, si, o de ir á lúa que moita xente puxo no post do que faría eu se fose millonário. Eu non, non iría alí porque se non hai auga malamente pode haber viño. E falando de auga e viño, sempre tan estreitamente ligados ambos os dous, por desgraza, lembrei un compañeiro de traballo de hai anos, de Rubiós, nin máis nin menos, menudo tipo, se un día tivese que cruzar o atlántico nunha balsa querería que fose con el, a alegría en persoa, no mundo debera haber moita xente coma el.
C'est tout.

5 comentários:

paideleo disse...

Tés razón: necesitamos xente alegre por todas partes e non só nas balsas transoceánicas.

O Raposo disse...

Viño do pais, tres cubatas de vodka, as penas con pan son menos. Quería dicir as penas con alcohol...

Anabela Magalhães disse...

Lindo o teu post. Com que então não queres nada com a lua? Não tem água e muito menos vinho! Já gargalhei.
Bjs

oko disse...

a lúa debe de ser moi aburrida en xeral. hai sitios moito mellores na terra, aínda que neles non haxa viño!

rui disse...

Paideleo: esa xente alegre fai que a vida sexa máis doce. Que penas haiche moitas e todo o mundo as ten, mas rebaixanse moito cando tes boa xente arredor. Hai anos que non vexo ao Rubiós, mas sempre o lembro con moito cariño.

Raposo: ben, si, non é que sexa un profesional do tema, mas si que o alcool actúa, en moitas ocasións, como disolvente de eficacia contrastada coas penas de incidencia media-baixa (estudos en laboratorios de renome europeio téñeno demostrado)

Anabela: Sabes, eu agradeço muito à gente alegre com a que convivi a filosofia que me trasvasaram. Um sorriso vale mais que mil psicólogos. (Peço desculpas antecipadas aos psicólogos)

Oko: a lua tenche unha cousa boa, a gravidade alí é moito menor que na terra, co cal as penas pesarán bastante menos. E si que tes razón hai sitios mellores na terra mesmo se non hai viño neles (que non só de pan vive o home)